Andrés Fenández-Albalat Lois, Arquitecto

O martes 20 de xaneiro inaugurouse na sala de exposicións da Delegación do COAG na Coruña a exposición, Andrés Fenández-Albalat Lois, Arquitecto. A mostra, aberta ata o 20 de febreiro, é a primeira exposición do arquitecto coruñés e recolle material do seu arquivo, planos orixinais, debuxos, fotografías e demais documentos de tres das súas obras: a fábrica de Sargadelos en Cervo, 50 vivendas subvencionadas en Fontán-Sada e o Núcleo parroquial de San Fernando en Santiago de Compostela.

É a terceira exposición dedicada á revisión do material orixinal procedente do arquivo de distintos arquitectos galegos que realizamos e comisariamos dentro do espazo do COAG A CORUÑA. Esta serie de exposicións comezou cun recordo dedicado a Carlos Meijide revisitando os seus proxectos de vivendas, principalmente do edificio Trevo, e continuou coa exposición dos proxectos do Mercado de Santa Lucia e do Museo de Arte Sacra, ambas as dúas na Coruña, obra de Manuel Gallego.

Andrés Fenández-Albalat Lois, Arquitecto

20 de xaneiro / 20 de febreiro de 2015

Delegación do COAG

c/ Federico Tapia, nº64, A Coruña, Galicia, España

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,