Ando. Complete Works 1975–Today

5 (100%) 1 vote

Descubra ao mestre da sinxeleza moderna, Tadao Ando, nesta panorámica nova e detallada que repasa toda a carreira do arquitecto xaponés. Esta homenaxe en tamaño XXL abarca o seu traballo desde os seus inicios, en 1975, ata a actualidade. Cada obra preséntase con bosquexos e fotografías, e inclúense proxectos como o teatro Poly de Shanghái e o Clark Center no Clark Art Institute de Williamstown ( Massachusetts, Estados Unidos).

Ando. Complete Works 1975–Today

Coñeza a estética única de Tadao Ando, o único arquitecto que gañou os catro premios máis prestixiosos da súa disciplina: o Pritzker, o Carlsberg, o Praemium Imperiale e o Kyoto.

Philippe Starck definiuno como

“un místico nun mundo que xa non o é”.

Philip Drew refírese aos seus edificios como obras de land art que

“loitan por saír da terra”.

E os seus proxectos foron descritos como haikus compostos de formigón, auga, luz e espazo. Con todo, para Tadao Ando a verdadeira arquitectura non se expresa na metafísica nin na beleza, senón a través do espazo que representa a comprensión do físico.

Esta completa edición actualizada en 2018 percorre toda a súa carreira e inclúe proxectos tan recentes e extraordinarios como o teatro Poly de Shanghái e o Clark Center, no Clark Art Institute de Williamstown ( Massachusetts, Estados Unidos). Cada obra preséntase con fotografías e bosquexos, e explora o seu uso maxistral do formigón, a madeira, a auga, a luz, o espazo e as formas naturais.Esta homenaxe en tamaño XXL presenta residencias privadas, igrexas, museos, complexos de apartamentos e espazos culturais en todo Xapón, Corea, Francia, Italia, España e Estados Unidos, e é a obra definitiva sobre o mestre da modernidade.

Tamén dispoñible en Edición de Arte limitada a 100 copias acompañada por un bosquexo orixinal asinado por Tadao Ando.

Sobre o artista.

Tadao Ando, nado en 1941, é un dos arquitectos contemporáneos máis famosos do mundo. Boxeador primeiro, decidiu dedicarse á arquitectura dous anos despois de terminar a secundaria. É o único arquitecto que gañou os catro premios máis prestixiosos da disciplina: o Pritzker, o Carlsberg, o Praemium Imperiale e o Kyoto. Actualmente traballa desde o seu Osaka natal.

Sobre o autor.

Philip Jodidio estudou Historia da arte e Economía na Universidade de Harvard e foi editor xefe da revista Connaissance deas Arts durante máis de vinte anos. Entre as súas publicacións atópase a serie Architecture Now! de TASCHEN, así como as monografías sobre Tadao Ando, Norman Foster, Renzo Piano, Jean Nouvel, Shigeru Ban, Oscar Niemeyer e Zaha Hadid.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,