Ana Barreiro-Marta Guirado-África Martínez · Didáctica da Arte | taller abierto gestión cultural

Se hai uns días “cruzabamos” a rúa, como quen di, para charla cos integrantes de Costa Comunicación audiovisual, hoxe ímonos ata o sur de Galicia, concretamente á cidade de Pontevedra para coñecer a taller abierto gestión cultural.

Taller abierto é un proxecto creado e impulsado por tres novas arquitectas, Ana Barreiro, Marta Guirado e África Martínez, que teñen decido “darse unha oportunidade para construír” arquitectura. A pesar de que algunhas xa tiñan as maletas preparadas, ao final se teñen decantado por “quedarse”, así comezan a súa presentación na web.

Como todo proxecto xorde do encontro fortuíto, e de ter unhas inquietudes comúns e unha visión compartida do que podería facerse nunha cidade como Pontevedra.

“Queremos ensinar a ver con ollos novos aquilo sobre o que non reparamos a forza de velo con ollos indiferentes. Con eles máis abertos poderemos gozar máis do que temos, nuns momentos en que o desexo de novidades se vai facendo imposible de satisfacer.”

Teñen entender e desenvolver a arquitectura dende diferente enfoques encontran na xestión cultural un punto de encontro para xerar e desenvolver os seus proxectos. Grazas ás visións e aos intereses persoais que conseguen achegar a diferentes públicos a súa paixón pola arte, a arquitectura, a educación e as ciencias sociais, campos que se plasman nos diferentes eventos e talleres que teñen en marcha.

Deixámolos coa entrevista que tivemos a sorte para realizar no seu propio estudo na Praza da Estrela.

Ana Barreiro, Marta Guirado e África Martínez forman taller abierto | Fotografía: Carlos Puga

Cal foi a vosa formación e traxectoria profesional previa a taller aberto?

Aínda que as tres somos arquitectas de formación, traballamos en ámbitos moi diversos, non necesariamente ligados á construción. A arquitectura foi indiscutiblemente unha base sobre a que situar os nosos principios, entendida como o espazo da vida, moi vinculada ás ciencias sociais.

Que vos levou a abrirvos camiño na educación? Por que principalmente con nenos?

Pois o principio de pensar globalmente e actuar localmente. Démoslle voltas durante case un ano á idea de conectar arte, cultura e patrimonio. E decatámonos de que o que se necesitaba era pedagoxía. E dende o principio. Pedagoxía para coñecer e valorar o ámbito.

Un alumno durante o obradoiro de taller abierto | Fotografía: taller abierto

Encontrástesvos con moitas dificultades? Cales foron as máis problemáticas?

A xestión cultural é un campo que se reactualiza constantemente, así que non convén pararse, e isto é ás veces incompatible coa reflexión. Cada vez hai menos espazo para as artes e menor recoñecemento social cara á arquitectura en particular, e así os humanidades están máis e máis acantoadas. Mentres os novos plans educativos elitizan o ensino das artes, os pais están máis preocupados porque os seus fillos dediquen tempo a outras disciplinas.

Estades contentas cos obxectivos alcanzados?

Aínda que hai unha folla de ruta, somos máis de procesos que de metas. Estamos a gozar o camiño, desviándoo, facendo pausas, pero sen abandonalo. Destacariamos o noso traballo cos nenos como unha fonte de satisfaccións que ás veces supera as nosas expectativas. Formúlanse preguntas interesantes, hai clases moi produtivas e ganas de aprender. En canto ao público adulto, traballamos con profesores e talleristas excelentes, polo que hai un crecente interese polas actividades que se van dando.

Alumnos durante un dos curso de taller abierto | Fotografía: Justo Fernández

Considerades que estudar Arquitectura foi un pasaporte fundamental para chegar ao voso traballo actual?

Sen dúbida. O proceso proyectual, cos seus condicionantes e a súa multidimensionalidade, son a base do desenvolvemento e a materialización de calquera idea.

Que expectativas e proxectos de futuro tedes para taller aberto?

Temos un proxecto de aprendizaxe colaboradora sobre o que vimos traballando dende o ano pasado, con talleres interxeracionais para familias, que estamos a punto de continuar. Tamén proxectos de comisariado de exposicións, intervencións na cidade, organización de actos e visitas culturais.

Compaxinades ou complementades esta actividade con outros labores ou noutros campos?

Si. Estudamos Pedagoxía e mantemos contacto con outras áreas. Xestionamos un foro de Fotografía con preto de 60 participantes, co que en abril organizamos unha mostra na Galería Sargadelos de Pontevedra.

Son rendibles este tipo de iniciativas? Sentídesvos ben remuneradas polo labor que realizades?

Gran parte da poboación non paga por cultura e os presupostos das institucións son moi limitados, así que non é moi rendible se a idea é facer negocio. Existe a falsa ilusión de que as cousas son gratis e non é así, hai un gran capital humano, moito tempo e esforzo que debe ser remunerado.

Animarías outros arquitectos a seguir os vosos pasos? Que pasos considerades que deberían dar? Como completar os seus estudos? Que outros consellos lles darías?

Si, animámolos a abrir novos camiños, de divulgar o coñecemento do mundo edificado que nos rodea. O primeiro paso é coñecer o campo de xogo para detectar necesidades, saír dos vellos esquemas e reescribir o guión, entendendo a profesión como algo máis aberto. Traballar en equipo e facer rede, facendo do colectivo algo máis humano e solidario.

Maquetas dos alumnos durante un dos curso de taller abierto | Fotografía: Justo Fernández

Credes que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

Vivimos nunha sociedade en permanente cambio, e dado que os arquitectos temos unha ampla formación debemos ser profesionais adaptativos. Outros colectivos colonizaron campos que tradicionalmente ocupaban os arquitectos, como é o caso do deseño de interiores, e debemos tomar boa nota. O arquitecto sempre deseñou a todas as escalas, oportunidade que deberiamos transformar en fortaleza. O campo da docencia tamén necesita os arquitectos, e hai toda unha serie de actividades que tenden a facerse interdisciplinares nas que colaborar con outros expertos.

Que opinades dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

Dada a situación, hai que ter valor tanto se quedas coma se te vas, pero o que se vai corre o risco de non volver, e iso é unha desgracia se se fai exclusivamente por necesidade.

Como vedes o futuro da profesión?

Hai tanto por facer, dende a rehabilitación á ordenación territorial, que un futuro activo da profesión é imprescindible. Pero requírese compromiso por parte de todos os axentes, en especial da Administración. As novas vías de traballo amplían o arco profesional, o papel do arquitecto é cada vez máis necesario en novos sectores.

Alumnos durante uno de los curso de taller abierto | Fotografía: taller abierto

Ana Barreiro-Marta Guirado-África Martínez · Didáctica da Arte | taller abierto

Maio 2015

Entrevista realizada por Alberto Alonso Oro. Agradecer a Ana, Marta e África o seu tempo e a súa predisposición con este espazo.

 

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,