Ampliación de caniles para la Asociación Protectora de Animais Gatocan | soma arquitectura

A economía entendida como proceso de contención e redución ao esencial, mediante a máis pura sinceridade construtiva e racionalidade formal, caracteriza esta ampliación de caniles para a asociación protectora de animais Gatocan.

Arquitectura de mínimos, eficaz, funcional e expresiva.

Segundo A RAE, defínese economía, ente outras acepcións, da seguinte forma:

1. Administración eficaz e razoable dos bens.

2. Contención ou axeitada distribución dos recursos materiais ou expresivos.

Neste proxecto, os escasos recursos existentes obrigan a empregar este concepto de economía, entendido non só como unha contía económica, senón como un proceso de contención, e de levar o problema ao esencial. A contención fai que os elementos empregados sexan eficaces e expresivos ao mesmo tempo, e xeren así un sistema económico.

O resultado, é unha arquitectura sincera, cun elemento básico de repetición que resolve as necesidades tanto dos peludos habitantes coma dos encargados do seu coidado.

A totalidade da ampliación, composta de vinte caniles, divídese en dúas pezas, de doce e oito celas, que facilitan a súa correcta adaptación á topografía do terreo, considerando a pendente para minimizar o movemento de terras e xerando catro patios, que amplían as posibilidades de paseo dos hóspedes.

Por outro lado, as pezas de ampliación focalizan a visión do val, xa que se van concatenando en altura e adaptándose ao terreo da parcela, permitindo as vistas dende calquera punto. A conexión entre as pezas realízase a través dunha escaleira que salva o nivel sosegadamente seguindo o cavorco do terreo.

Cada canil componse de varias zonas: unha interior, unha exterior cuberta e outra totalmente exterior, ben orientadas para lograr o máximo confort dos seus ocupantes. Existe un corredor de distribución cuberto, orientado ao norte e protexido dos ventos predominantes e da chuvia para facilitar o coidado dos animais. E ao sur, outro corredor dá acceso aos caniles dende a fronte descuberta que se abre cara aos patios.

Os materiais empregados son o que resolven os problemas existentes sen artificios. Uns muros de bloque de hormigon “split” acanalados soportan unha estrutura de madeira de cuberta sobre a que repousa unha chapa minionda galvanizada, ventilada inferiormente para disipar a calor do verán.

A propia estrutura de muros de bloque de formigón xera o esquema rítmico e compasado da ampliación, que se remata na fachada mediante o uso de bloque acanalado que reforza a visión de conxunto e se esvae co pano de fondo creado polos madeiros dos eucaliptos.

Á súa vez, a chapa minionda galvanizada de cuberta reflicte o ámbito, acentuando a presenza do ceo e mimetizar se con el. Estes recursos xogan, os bloques e a madeira a ser bosque e a chapa metálica a ser ceo.

En definitiva, trátase de arquitectura levada á esencia, económica en todas as súas acepcións e atractiva na súa sinxeleza.

obra: Ampliación da Asociación Protectora de Animais Gatocan
autores: Fernando Martínez López e Miguel Carballido Pensado [soma arquitectura]
colaboradoras: Inés García Dintén e Susana Vázquez Rodríguez
promotor: Asociación Protectora de Animales Gatocan
contrata: Jose Antonio Suárez Romar
aparellador: Aurelio Gago Losada
superficie: 313,60 m²
ano: 2011
emprazamento: Coirós, A Coruña, Galicia, España
presuposto: 225 €/ m²
+ somaa.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento sanitario, obras

Tags: , , , , , , , , , ,