Ampliación albergue Bela en Muxía | CREUSeCARRASCO

1
Trátase dun albergue situado na localidade de Muxía, un dos puntos emblemáticos e de referencia do Camiño de Santiago, na súa continuidade e relación coa costa de Galicia.

2
A ampliación realízase sobre unha edificación recente situada nun extremo de mazá do núcleo tradicional con fachada a tres rúas e medianeira nun lateral. A gran diferenza de nivel entre a rúa superior e a inferior configuran un volume existente de dúas plantas con accesos e usos independentes: a inferior é un tanatorio, a superior albergue.

3
A planta de albergue xa en funcionamento conta coas dependencias de recepción e servizo comunitario, dous cuartos múltiples para liteiras e outras dúas dobres con baño. A demanda crecente destas últimas xustifican a viabilidade da ampliación e o tipo de formulación escollida en canto ao deseño e configuración dos novos espazos e volumes.

4
Intervense nun almacén do albergue para situar o núcleo de escaleira e ascensor. A escaleira non pode ter espesor para facerse sobre si mesma, sen estorbar ao demais. A partir deste encontro necesario co existente, a ampliación propón unha nova forma de configurar o espazo mediante cuartos rodeados por terrazas, patios e miradoiros, que actúan como zonas de estanza comúns que reforzan a dotación. Unha paisaxe propia de esquinas e accesibilidades que incorpora perspectivas e imaxes daquilo que o envolve.

5
A proposta relaciona linguaxes da tradición arquitectónica do lugar coa industria e da cultura popular con camiñar como experiencia estética. As dimensións dos materiais e os procesos construtivos que se utilizan tanto en fachada como en cuberta, son tamén pautas xeométricas que permiten dar á vez profundidade aos volumes (abrir camiños) e resolver a funcionalidade dos novos espazos.

6
Oito dormitorios: catro dobres e catro de catro prazas. Un amplo local social, oficios e un estanque lavapiés conforman, xunto cos espazos de terraza, a ampliación do albergue en 24 prazas. Sobre ela un pequeno apartamento e máis terrazas. Enriba, unha atalaia miradoiro.

7
A distribución de cada cuarto, sempre a mesma: acceso dende a terraza exterior, estar, zona de durmir e baño ao fondo, coas súas pezas independentes para permitir unha maior flexibilidade de funcionamento.

8
A esquina é unha revolta para a que camiña, onde o hábito, como corrente de uso, se separa e concentra nun lugar. Permite unha lectura que non é lineal. O caneo que mostra un novo trazo do cotián. O indicio doutra paisaxe. Unha forma consubstancial á tradición como parte da súa propia dinámica de cambio. Un valor manifesto de nova permanencia.

Obra: Ampliación albergue Bela en Muxía
Localización: Muxía, A Coruña, Galicia, España
Arquitectos: CREUSeCARRASCO / Juan Creus – Covadonga Carrasco
Colaboradoras arquitectas: Bárbara Mesquita, Celsa Pesqueira
Promotor: Albergue de Muxía SL
Constructora: Construcciones y Excavaciones Germán Mouzo SL
Aparellador: José Antonio González del Oso
Estructura: Féliz Suárez Riestra
Instalacións: Isabel Francos Anllo
Señaléctica e deseño gráfico: Xosé Teiga
Fecha de Proyecto/Terminación: Decembro 2013 / Julio 2014
Superficie útil: Albergue 214,01m2 Apartamento 54,42m2 / Superficie Construida: 309,34m2
Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages / CREUSeCARRASCO
+ creusecarrasco.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: equipamiento dotacional, equipamiento terciario, obras, reforma interior, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,