Alvar Aalto 1898-1976. Arquitectura orgánica, arte e deseño

'Aino Aalto in Paimio chair', fotomontaje, década 1930 © Alvar Aalto Museum, Colección Artek VG Bild-Kunst, Bonn, 2014
‘Aino Aalto in Paimio chair’, fotomontaxe, década 1930 © Alvar Aalto Museum, Colección Artek VG Bild-Kunst, Bonn, 2014

Gran retrospectiva en CaixaForum Barcelona sobre este arquitecto finlandés. Alvar Aalto (1898-1976) é o arquitecto finlandés máis coñecido da súa xeración e un dos máis importantes do século XX. Os seus edificios plasman unha maxistral interacción de volumes, formas e materiais orgánicos, e os obxectos deseñados por el son recoñecidos na actualidade como fitos do desenvolvemento do mobiliario moderno.

Aalto foi unha figura clave da arquitectura e o deseño internacional de vangarda dende os anos vinte. O finlandés realizou encargos en países como Italia, Suíza, Francia, Alemaña e Estados Unidos, na posguerra. A súa prolífica carreira chega ata os anos setenta, incluíndo máis de 400 edificios e ducias de mobles, obxectos de cristal e lámpadas. Acabou levando a cabo encargos a grande escala, como o Auditorio Finlandia de Helsinki (1975), xusto un ano antes da súa morte, e a Ópera de Essen, que foi finalizada póstumamente, en 1988.

A mostra presenta unha ampla panorámica da vida e a produción deste lendario arquitecto, detense nos edificios e os deseños máis representativos e revela numerosos novos aspectos da súa produción. Inclúe 20 maquetas históricas e máis dun centenar de pezas, entre debuxos orixinais, mobles, lámpadas e obxectos de cristal, así como obras doutros artistas cos que compartiu inquietudes e amizade, como Alexander Calder ou Jean Arp, e fotografías históricas e modernas, a cargo do fotógrafo Armin Linke.

Caixa Forum Barcelona
Do 3 de xuño o 23 de agosto de 2015
Organización: Vitra Design Museum e Alvar Aalto Museum

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,