Alfonso Salgado: Espazo e tempo. Memoria e territorio

Conferencia do arquitecto Alfonso Salgado dentro das xornadas de Arquitectura e Territorio rural celebradas en Callobre (A Estrada) o venres 26 de Xullo de 2013 organizadas por rvr arquitectos.

Tres proxectos:

Pedrachán

Unha meniña almorza mentres mira como a londra se mergulla. Está na casa da súa avoa…

A Pedrachán parece, á primeira vista, nunha situación incómoda, periférica…, pero é unha falsa impresión. Esta condición, literalmente abeirada e de costas ao núcleo, ofrece, se prestamos a debida atención, evidentes vantaxes e mínimos inconvenientes. Máis alá destes últimos, trátase dunha condición singular que é necesario respectar e aínda fortalecer, pois hai nela certa atmosfera que reconforta e sosiega, como de lugar máxico e fóra do tempo…

Raxoi

A análise rigorosa dos sucesivos planos históricos do ámbito proporciona as claves do proxecto. Na esquina este da praza, un pequeno ámbito circular permanece como testemuña muda dos sucesivos cambios…

Chainza

O barrio de La Chainza, ao outro lado da Ponte de Noia, ten longa historia. Punteado dende antigo sobre a traza do Camiño Real, foi de toda a vida lugar de paso obrigado dende o extras muros de Noia. A nova estrada en certo modo evitouno: e, como un meandro esgazado das rutas de tránsito, a Chainza foi empurrada de pronto contra o bordo marítimo, e viuse constrinxida e illada, pero isto salvouna…

Pois a Chainza, a pesar da súa escasa actividade, conserva a día de hoxe a escala adecuada, a que lle é propia e lle dá sentido; o seu estado de decaemento é reversible, e a súa situación e carácter, presentes en todo o ámbito, fana merecedora de mellor condición, é dicir, merecedora de ser algo máis que un “atallo para listos”…

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,