Alejandro de la Sota. Escritos, conversas, conferencias

A obra do arquitecto Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996) foi profusamente divulgada tanto en España coma no estranxeiro e a súa influencia deixouse sentir en varias xeracións de arquitectos españois contemporáneos. A pesar da atención que se prestou á súa obra, non aconteceu o mesmo cos seus textos.

Este libro recompila, por primeira vez, material disperso anteriormente publicado, xunto con textos inéditos que se conservan no arquivo da Fundación Alejandro de la Sota. O material divídese en tres partes, unha dedicada aos escritos propiamente ditos, unha segunda a conversacións e unha terceira na cal aparecen transcricións dalgunhas conferencias que impartiu ao longo da súa carreira, ofrecendo unha visión completa do pensamento e a actividade didáctica do mestre español.

Moisés Puente é arquitecto, editor e tradutor de temas arquitectura. É editor da revista 2 GR e entre os seus libros encóntranse as edicións de textos de Alejandro de la Sota, Josep Llinàs, Mies van der Rohe, Jørn Utzon e Olafur Eliasson e monográficos sobre a obra doméstica de Mies van der Rohe e a obra de Alejandro de la Sota. En 2010 recibiu o Premio FAD de Pensamento e Crítica pola súa traxectoria profesional como editor.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , ,