Akropolis Now | Miguel Ángel Díaz Camacho

Akropolis Now, Kendell Geers, 2004. Visto aquí. La obra consiste en 18 paneles verticales de malla de alambre con concertinas en posición vertical y en el interior de una estructura modular metálica. | Fuente: http://lamiradapaseante.blogspot.com/2013/11/akropolis-now-concertinas.html
Akropolis Now, Kendell Geers, 2004. A obra consiste en 18 paneis verticais de malla de arame con concertinas en posición vertical e no interior dunha estrutura modular metálica | Fonte: lamiradapaseante.blogspot.com

Un pequeno encargo profesional levoume estes días á procura de carreiras con futuro. Era a miña primeira vez. Confeso que a información achada tras unha primeira procura, alcanza unha maior relevancia en canto á tendencia que debuxa que en canto a información en si: carreiras á alza vs carreiras en declive, competencias vs vocacións, técnicas vs pensamentos, prácticas vs teorías, ciencias vs humanidades. Está claro, o “primeiro” dos dous factores arrasa sistematicamente na rede. Chegados a este punto, talvez alguén poida pensar que a continuación se vai recomendar estudar arquitectura, unha das titulacións que hoxe languidecen fose do foco pero que no fondo merece a pena por isto e por aquilo. Non é a nosa intención, poden seguir lendo con toda paz.

Cando se orienta aos mozos cara á especialización técnica, práctica ou científica, e faise ademais desatendendo ou minimizando as áreas relacionadas coa inmensidade do pensamento, a creatividade e as humanidades, entón -créanme- formouse unha burbulla perigosa e monumental cuxas consecuencias -probablemente- non queiramos nin imaxinar. En palabras de Félix de Azúa:

“A clase dirixente pensa que a cultura é algo ornamental, cando é a espiña dorsal dun país”.1

A espiña dorsal do Mundo, engadiriamos. Tras anos de recortes sistemáticos nas horas e contidos relacionados coa plástica, a filosofía, o teatro, a poesía, a historia da arte, e non digamos a arquitectura, nos colexios e institutos, dicimos, tras anos de desamparo cultural en forma de cuadrienios descabalados e inconexos, os datos dos empregos con futuro advírtennos do acertado (oh sorpresa!) destas seudo-políticas para tecnócratas: poucos reclaman hoxe con urxencia perfiles relacionados con esas disciplinas displicentes, materias do humano perigosamente hoxe infravaloradas.

A educación tradúcese sempre en riqueza en calquera parte do mundo.2 Á marxe xa das fronteiras e das patrias, estreitos lugares que habitan entre dúas paisaxes estranxeiras, o equilibrio entre os coñecementos técnicos e humanistas debería garantir espazos múltiples e compartidos para unha sociedade crítica e creativa, resolutiva e reflexiva, práctica e solidaria. Ben nos virían algúns destes “segundos factores” para acometer decididamente algunhas das nosas actuais crises.

Tanto nos equivocamos? Non esquezamos que os muros se levantan desde a técnica, técnica de carreiras con futuro, pero moito antes fano -non no meu nome- como parte fundamental dunha cultura: a cultura (non só europea) dos estados lexitimados e os seus relucentes valos de espino ganduxado meticulosamente.

¿Tanto nos hemos equivocado? No olvidemos que los muros se levantan desde la técnica, técnica de carreras con futuro, pero mucho antes lo hacen –no en mi nombre– como parte fundamental de una cultura: la cultura (no solo europea) de los estados legitimados y sus relucientes vallas de espino hilvanado meticulosamente.

A cultura con cheiro a napalm do Akropolis Now.3

Miguel Ángel Díaz Camacho. Doutor Arquitecto
Madrid. Marzo 2016.
Autor de Parráfos de arquitectura#arquiParrafos

Notas

1 Félix de Azúa a poucos días de ocupar a cadeira de brazos H da Real Academia da Lingua, El País 14 de marzo de 2016.
2 “España recibiu en axuda estrutural europea desde 1986 o equivalente a dous plans Marshall, pero gastouno en infraestruturas […] o que non parece ser de gran axuda para o desenvolvemento económico. Pola contra, o investimento case exclusivo en educación, que foi a experiencia irlandesa, parece ser moito máis eficaz”. César Molina e Fernando Ramírez, “Brexit, converxencia e democracia en Europa”, semanario Ahora, 11-17 de marzo.
3 “Cheiras iso? Chéiralo raparigo? É Napalm fillo. Nada no mundo cheira así. Encántame o cheiro a napalm pola mañá”. Apocalypse Now, Francis Ford Coppola, 1979; guión baseado na novela de Joseph Conrad “Heart of darkness“, 1899.

Miguel Ángel Díaz Camacho

Doctor en Arquitectura, Decano de la Facultad de Tecnología y Ciencia UCJC. Presidente de la Asociación Sostenibilidad y Arquitectura,  perteneciente al Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Director de MADC Arquitectos, estudio profesional con premios en concursos nacionales e internacionales, en la actualidad desarrolla proyectos en España y Noruega. Escritor y crítico de arquitectura, es autor de los libros “Párrafos de Arquitectura. Core(oh)grafías” (2016) y “Arquitectura y Cambio Climático” (2018).

follow me

Arquivado en: faro, Miguel Ángel Díaz Camacho

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,