O aire non pesa | Sergio de Miguel

5 (100%) 1 vote

Maqueta de curso. Alumnos Proyectos 2. Curso 2016-2017
Maqueta de curso. Alumnos Proxectos 2. Curso 2016-2017

Do mesmo xeito que o océano está formado sobre todo por auga, a arquitectura está feita principalmente por aire. Aínda así o que determina o que sucede no océano, e na arquitectura, non é outra cousa que o que non é auga, ou aire. Continente e contido son dispares, afastados, e nunca coincidentes.

Cando nos referimos á materia coa que se define a arquitectura damos por feito que contén aire, espazo, posibilidade vivencial e emocional. Pero toda esa capacidade “portante”, necesitada inevitablemente de materia e peso, de cantidade e de forza, non tendría sentido sen que a súa atenta disposició n provocase un intencionado baleiro, unha clara ausencia de materia e peso, unha provocada ausencia de cantidade e de forza.

Hai quen afirmó que

“toda estrutura consiste en como e onde colocar os buracos”,

e tamén sentenciou que

“se se pensa nos baleiros, en lugar de traballar cos elementos sólidos, a verdade aparece…”.

Buscando, á súa vez, o hábil símil do traxe executado sabiamente mediante armazóns materiais, axustados e provocados pola talla e a intención do vestir. Entendendo a forma arquitectónica como un propósito tan aberto como exacto, capaz de satisfacer as necesidades derradeiras dos baleiros.

A materia arquitectónica sempre dispón o que vai provocar que non haxa materia. A orde e natureza desa materia é tal que avanza e condiciona a súa interrupción, a súa desaparición. Non existe a arquitectura sen ausencias de materia. E é precisamente o valor do que non é materia o que fai a arquitectura. Non existe a música sen silencios.

A recorrente pregunta de

“canto pesa o teu edificio”

deberíase resolver de forma non inmediata, desviando a atención do que envolve e conforma a unha atenta expresión e definición de todo aquilo que queda contido. Buscando na resposta unha sorte de unidade de medida que desde a súa calidade transcenda das toneladas fiísicas para devir as virtudes inmateriais.

Medimos?

Sergio de Miguel, Doutor arquitecto
Madrid, novembro 2017
Publicado en Grupo docente e de investigación para a arquitectura Grupo 4! da ETSAM.

Arquivado en: artigos, Sergio de Miguel

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,