AGi architects, premio WAF 2011. Futuros Proxectos-Residencial

O estudo de arquitectura hispano-kuwaití AGi architects gañou o premio WAF polo seu proxecto para o complexo residencial Wafra Living, que se alzou co galardón na categoría de Fututos Proxectos-Residencial, na que competía con outros 16 candidatos procedentes de diferentes países. Esta cuarta edición do World Architecture Festival virou en torno ao concepto de ‘Diferenza’ ao longo de todas as actividades do programa, desde a exposición temática interactiva ata os seminarios e discursos de apertura.

Recreación de Wafra Living. | AGiarchitects.com

Os premios WAF recoñecen a excelencia dunha ampla variedade de tipos de edificios construídos, así como de futuros proxectos e deseño estructural. Na actual edición presentáronse 704 proxectos procedentes de 59 países, e o Festival seleccionou 284 para competir. Entre os membros do xurado desta edición estiveron os arquitectos Michael Sorkin, Ben van Berkel, Jo Noero, Odile Decq e o Profesor Kongjian Yu.

[…]

+ artigo publicado en el mundo

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , ,