A Roiba | Ramón Vázquez Molezún

Interior “A Roiba”. Carpinterías Pearson

Para algúns un veleiro varado1, para outros un cofre2, o que está claro é que esta xoia arquitectónica arquitectura moderna do século XX en España de Ramón Vázquez Molezún (1922-1993) non deixa indiferente.

O refuxio emprazado na enseada de Beluso, é unha boa de mostra do bo facer do hetedoroxo3 arquitecto coruñés en solitario.

Grazas á familia de Ramón Vázquez Molezún podemos ler a memoria redactada polo propio arquitecto:

“Aproveitando unhas construcións da antiga fábrica de salgadura da “Roiba” proxéctase facer un refuxio de verán con almacén para embarcacións e útiles de pesca.

A construción, duns 100 metros cadrados de planta, ten como programa o seguinte: un cuarto de estar con terraza, un dormitorio de pais, dous dormitorios para fillos e fillas, unha cociña comedor, un cuarto dormitorio posiblemente para servizo, uns aseos xerais, un aseo de servizo, un grande almacén accesible dende o interior e exterior, foxa séptica, alxibe para almacenamento de auga de chuvia, uns depósitos elevados para servizo, espazos para aparcadoiro e patio de servizo.

Os dormitorios, dado o destino da construción, teñen unha superficie mínima para darlle un carácter mariñeiro, que se ha de coidar en todo momento.

A estrutura así como os forxados e muros, será de formigón armado.

Consérvase todo o posible os muros de cachotaría existente, diferenciando así a antiga construción da actual.

A cuberta é plana para poder recoller doadamente as auga de chuvia.

As ventás serán de madeira vista, con lúas corredizas tipo Pearson.

Existen chemineas fogar no estar e dormitorio principal, existindo posibilidade de situar outras no almacén inferior, e na terraza exterior.

Toda a construción é moi pechada ao norte, aberta discretamente ao leste e oeste, e moi aberta ao sur, onde se sitúa a terraza.

Os aseos e polo tanto, toda a distribución de augas, está reunida nun só bloque, debaixo do cal está a foxa séptica e enriba deste se sitúan os depósitos elevados.

Toda a construción se eleva sobre o nivel do camiño soamente uns dous metros, exceptuando a torre grande que forman os depósitos de auga.

O pavimento interior será de linóleo e a construción de primeira calidade.

As obras executaranse baixo a miña dirección facultativa.” 1

Obra: Vivenda “A Roiba”

Eprezamento: Beluso. Bueu. Pontevedra. Galicia. España

Autor: Ramón Vázquez Molezún

Promotor: Ramón Vázquez Molezún

Ano: 1967-69

Memoria: Ramón Vázquez Molezún

Fotografía e planimetría: Salvo indicado, toda la información gráfica publicada en el presente artículo ha sido cedida generosamente por la familia de Ramón Vázquez Molezún. 2

+ ramonvazquezmolezun.org

Notas:

1 Miquel, Luis (1993). “Ramón Vázquez Molezún”. En: Corrales y Molezún: Medalla de Oro de la Arquitectura 1992. Madrid: CSCAE, 1993 – pág. 43

2 sí a entidende Borja López Cotelo no seu artigo “A casa que non era un barco” publicado en veredes.

3 “ós eramos heterodoxos, falábase das dúas tendencias: a influencia dos nórdicos en Fisac e o grupo de seguidores de Mies; Oiza, Romany… Wright tiña bastante influencia en Ramón, impresionoulle moito a grande exposición en Italia. Ramón sempre falaba diso… eu nunca quixen ser erudito, ríame deles”. Corrales, J.A., José Antonio Corrales, Ramón Vázquez Molezún: Pavillón Español na Exposición Universal de Bruselas, 1958. Instalación na Casa de Campo de Madrid, 1959. Rueda, Madrid, 2004, pp. 25.

4 TTres follas mecanografadas por Ramón Vázquez Molezún, datadas en Bueu, en xullo de 1967. redfundamentos.

5 Todo o material gráfico (gran cantidade de información inédita) estará recollido no libro que se publicará en setembro, ‘A Roiba’. Libro conmemorativo de edición especial e que será editado por redfundamentos.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , ,