5º Premios IS ARCH para estudantes de arquitectura

Os premios Is Arch para estudantes de arquitectura chegan á súa quinta edición. Ata o 16 de febreiro pódense presentar os proxectos, traballos académicos realizados dentro do marco universitario, e os tres proxectos gañadores repartiranse 6.000 € en premios. O xurado está formado por arquitectos de estudos internacionais como Foster and partners, Ateliers Jean Nouvel, OMA, Benedetta Tagliabue ou Kengo Kuma & Associates.

IS ARCH nace da inquietude de dous estudantes de arquitectura da ETSAB (Escola técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, da Universidade Politécnica de Cataluña) por crear unha plataforma internacional de difusión e debate das solucións achegadas polos alumnos de Arquitectura dentro do marco da universidade.

Os Premios IS ARCH queren alentar os máis novos no debate arquitectónico dende o seu particular punto de vista, entendendo que esta será a concepción da Arquitectura do futuro.

Os Premios IS ARCH ten dous anos de vida, xa se levaron a cabo catro edicións e actualmente está vixente a quinta. Neste tempo presentáronse aos premios preto de 1.000 proxectos de estudantes de todo o mundo, déronse premios por valor de 20.000 €, conseguimos o apoio de partners como Roca, HP, Editorial Gustavo Gili, Sika, Vinçon, On Diseño etc., e o soporte tamén de moitas revistas, bloggers e medios do sector.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , ,