12 VPO en Cangas | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

O edificio fragméntase en tres volumes debido á pendente da parcela creando tres portais de acceso a vivendas con dúas vivendas por planta, isto permite que as vivendas teñan fachada nas dúas caras principais do soar.

Así, ábrense as zonas de día (estar-comedor e cociña) á fachada nordés buscando as vistas abertas á ría. As dormitorios zonas de noite (dormitorios) oriéntanse á cara sueste protexidas polo propio desnivel do terreo e a vexetación; recollido da rúa, evitando así as zonas máis ruidosas.

Faise un esforzo en reducir ao mínimo as superficies de corredor e distribuidor, de modo que se poidan reforzar as zonas de día ou os dormitorios dependendo das necesidades familiares mediante amplas portas corredizas que modifican a zona de día das vivendas.

As cores da fachada responden a un estudo do ámbito axudando á integración e diminuíndo o impacto mediante úsoo da fragmentación visual con distintos verdes combinados.

Obra: 12 VPO en Cangas

Autor: Hermo Iglesias Veiga Arquitectos (Víctor Hermo Sánchez, Juan Iglesias Babío, Iván López Veiga).

Colaboradores: Mª Carmen Carballeira Rodríguez, Anabel Ortiz Conlledo, África Martínez Barreiro

Ano: 2008-2010

Emplazamento: A Choupana, Cangas do Morrazo, Galicia, España

Promotor: IGVS – Instituto Galego da Vivienda e Solo

Constructora: Antalsis S.L.

Instalacións: Ramón Cabezas

Fotografías: Iglesias e Veiga Arquitectos

+ iglesiasveiga.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda colectiva

Tags: , , , , , , , , , ,