100 Edificios sostibles comtemporáneos

… o verde nunca foi visto millor.

Zitty, Berlin

A prestixiosa editorial alemá Taschen e o historiador estadounidense Philip Jodidio únense de novo para presentar o libro 100 Edificios sostibles comtemporáneos. Nesta ocasión trátase dun volume dobre que recolle arquitecturas respetuosas co medio ambiente seleccionadas da colección Architecture Now! e outras inéditas.

As obras seleccionadas mostran diferentes xeracións de arquitectos, uns xa consagrados e outros cunha prometodoras traxectoria, localizadas en Estados Unidos, Latinoamérica, Asia, Australia e Europa. Todas as edificaciones teñen nun punto en común, consumir a menor enerxía posible, unhas veces alcanzada mediante técnicas tradicionais e outras veces froito de modernas tecnoloxías.

Alberto Alonso Oro

Os edificios máis interesantes dos nosos días son case sen excepción obras respetuosas co medio ambiente, sostenibles e concibidas para consumir a menor enerxía posible. O feito de que a arquitectura sexa unha das principais fontes de gases invernadero fai que esta tendencia resulte máis importante si cabe. Neste libro reuníronse os mellores exemplos de proxectos «verdes» da serie Architecture Now!, así como outros moitos proxectos inéditos ata agora. Nas súas páxinas, arquitectos tan coñecidos como Frank Gehry e Norman Foster se codean con mozos creadores procedentes de Latinoamérica, Estados Unidos, Europa e Asia. Non se trata dun libro técnico, e o seu contido tampouco se circunscribe a unha categoría predefinida. Ser «verde» significa ser consciente das responsabilidades inherentes á construción e emprego dun edificio moderno, e son moitas as formas nas que esta crecente toma de conciencia pode manifestarse. Algunhas solucións, que polo xeral reciben o nome de «pasivas», son tan antigas como a historia mesma da arquitectura, mentres que outras son froito da máis moderna tecnoloxía. Un e outro enfoque, xunto con moitos outros, forman parte desta excelente colección de 100 dos edificios ecoeficientes máis interesantes erigidos recientemente.

Philip Jodidio (nado en 1954) estudou historia da arte e economía na Universidade de Harvard e foi editor xefe da revista Connaissance deas Arts durante máis de vinte anos. Entre as súas publicacións, atopamos a serie Architecture Now! de TASCHEN, así como as monografías sobre Tadao Ando, Norman Foster, Richard Meier, Jean Nouvel e Zaha Hadid. É recoñecido en todo o mundo como un dos escritores de arquitectura máis populares.

Texto pre-imaxe, Alberto Alonso Oro. Post-imaxe, Taschen

+ info

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, libros, publicacións

Tags: , , , , , , ,