XVIII Convocatoria Concurso Arquia/Becas

A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supoñen o coñecemento práctico da profesión e a mobilidade xeográfica, convoca a XVII edición do concurso arquia/becas,, pola que concede 20 bolsas dirixidas a estudantes nos últimos anos da carreira e a novos arquitectos recentemente titulados, destinadas á realización de prácticas profesionais en estudos europeos de Arquitectura.

XVIII Convotaria Concurso ArquiaBecas
20 bolsas para a realización de prácticas profesionais en estudos europeos de Arquitectura.

Modalidades de participación.

Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. Para asegurar unha adecuada distribución xeográfica das bolsas, esta ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.

· Expediente académico.
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas da carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (para ese efecto consideraranse todas as que dependan do Departamento de Proxectos arquitectónicos). Ditas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal como especifícase no Anexo I das Bases.

· Concurso 2017
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material achegado a concurso.

Calendario.

· Apertura convocatoria: 2 xaneiro 2017
· Período de inscrición: 2 de xaneiro ao 2 de maio de 2017
· Resultados: a partir da última semana de xullo 2017
· Acto de entrega: outubro 2017

Toda a información na web.

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , ,