Unións | Elías Cueto

Foi só recentemente que foi posible dar forma a un produto dunha soa vez. Esta posibilidade con todo non supuxo a definitiva desaparición das solucións baseadas na ensamblaxe de pezas xa que esta tecnoloxía ofrece certas posibilidades: facilita o traslado mediante o desmonte, permite adecuar o material de cada unha das pezas segundo a súa función final, pode contribuír a simplificar a produción de cada un dos compoñentes, etc.

A historia das unións é longa. A técnica tradicional foi o ensamble: unha peza encaixa na outra resolvéndose a unión grazas ás súas xeometrías complementarias. O cravo primeiro, o parafuso despois e finalmente o uso de colas e pegamentos permitiron a execución cada vez máis rápida e simple das unións. Con todo as unións non son un simple problema, tamén son un elemento expresivo…

milan-2011

Así, a unión convencional entre dúas madeiras formada mediante unha peza intermedia foi hábilmente interpretada por Sebastian Herkner na Clip Chair. Neste deseño a unión do asento ás patas realízase mediante unha peza de plástico interposta. A diferenza da madeira, o plástico pode conformarse moi facilmente de maneira que toda a complexidade xeométrica da unión queda resolta nesta pequena peza sen necesidade de complexos traballos artesanais de baleirado. Ademais, a rixidez do plástico foi traballada de tal forma que o respaldo bascula axustando a súa posición á do usuario. A mesma técnica nunha proposta aínda máis elocuente é utilizada por Vroon Land en Rubber Chair.

rubberstoel13

Outra forma aínda máis elaborada de unión mediante unha peza intermedia é a proposta por Iva Dinulovic en Liquid Joint. Neste caso a peza intermedia realízase con resina que é vertida en estado líquido de modo que encha os ocos deixados para ese efecto nas pezas para unir. Esta resina non só solidifica enchendo os ocos senón que alcanza unha extraordinaria resistencia e conforma unha sólida unión.

fileitem-coffeetabledetail

Levando ao límite as posibilidades de verter un material e deixar que solidifique como forma de unión, Studio Blitzkrieg desenvolvendo Blitz.k11. Neste caso é latón fundido o que se verte sobre ocos practicados na madeira. O material non só arrefría e endurece resolvendo as unións senón que ademais queima e penetra a madeira de forma dramática e expresiva.

sillas-uniones

A utilización de produtos químicos de última xeración é levada ao límite por no-smoking no seu DaR, unha cadeira na que as pezas carecen de perforacións ou baleirados de ningún tipo e as unións realízanse mediante un simple e gestual brochada de resina.

nosmoking

Nesta mesma dirección e afastado de calquera purismo formal, Hannes Harms propón a Soum Chair, toda unha lección de anti-deseño. As pezas que compoñen o asento son simples recortes dun cartón. A unión de todas as pezas resólvese nun único e informal nó formado mediante unha escuma proxectada de cor fucsia e de cuxa execución se encarga o propio comprador.

foam

No límite da tecnoloxía, Francois Dumas desenvolveu a Sealed Chair, unha cadeira na que as pezas de plástico translúcido que a compoñen fúndense as unhas ás outras mediante calor. O deseño lembra a eficientísima xeometría dos deseños de Thonet que minimizan o número de pezas –e por tanto de unións– do produto final. Dumas logrou que as unións sexan extraordinariamente limpas e altamente expresivas da natureza plástica do material.

sealed-chair-sky

Con todo tamén a baixa tecnoloxía ofrece solucións singulares de unión entre pezas de madeira. Así Max Frommeld, cuxos deseños sempre prestan singular atención ás unións, propón Strammer Max, un taburete no que todas as pezas únense mediante a tensión inducida por unha corda ao ser retorta e atrancada cun simple pasador.

strammer-max

As unións, un tema inesgotable sobre o que convidamos os nosos lectores para que nos sinalen exemplos de interese.

Elías Cueto, arquitecto
Santiago de Compostela, novembro 2011
Publicado en Nº 313 [sillas…]

Arquivado en: capturas, diseño, Xosé Suárez - Elías Cueto

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,