Tag: Galicia

Aparcamento na rúa Xuíz Falcone | Salgado+Liñares
26-04-2017 Sen comentarios

Aparcamento na rúa Xuíz Falcone | Salgado+Liñares

Reformulación dun ambito público: aparcadoiro na rúa Xuíz Falcone. Dobre rúa – dobre espazo. O proxecto ten por obxecto a reformulación do ámbito da rúa Xuíz Falcone. Na orixe do proxecto, e como elemento activador, está a recuperación do nivel orixinal da rúa, perturbado polo agresivo recheo dos anos oitenta. Isto propicia unha transición lóxica e natural coa Leira do […]

Da árbore á cadeira
18-04-2017 Sen comentarios

Da árbore á cadeira

O Museo Centro Gaiás inaugurou o 7 de abril a nova exposición da Cidade da Cultura que levará por título Da árbore á cadeira. A madeira e a súas artes. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixirá a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques,  a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e […]

Vivenda Unifamiliar en Punta Canide | Díaz+Díaz
22-03-2017 Sen comentarios

Vivenda Unifamiliar en Punta Canide | Díaz+Díaz

En Punta Canide, Oleiros, sitúase esta vivenda unifamiliar, en plena baía, con impresionantes vistas ao mar. Debido a esta localización, a edificación debía responder  a uns condicionantes de edificabilidade e retranqueos moi concretos, esixidos pola normativa municipal, así como pola propia morfoloxía da parcela, que requiría adaptarse á pendente da parcela, cun desnivel de case tres metros. Tamén se buscaron […]

Rehabilitación de vivienda unifamiliar en la Zapateira | soma arquitectura
15-02-2017 Sen comentarios

Rehabilitación de vivienda unifamiliar en la Zapateira | soma arquitectura

Nos enfrentamos a esta tarea con un enorme respeto por lo existente y con el cuidado necesario para no perder o alterar en el camino el alma de la casa. Rehabilitar una vivienda salida del estudio de D. Andrés Fernández-Albalat es para nosotros mucho más que un regalo. Si este regalo viene de la mano de un cliente con la […]

Oficinas Possum | ARKB-Arrokabe arquitectos
25-01-2017 Sen comentarios

Oficinas Possum | ARKB-Arrokabe arquitectos

O novo local atópase na planta segunda dun edificio exento destinado integramente a oficinas.  O espazo non fora ocupado en ningún momento e por tanto non estaba acondicionado. Unicamente contaba cuns aseos nun dos extremos  e  a “infraestructura” básica que proporciona o propio edificio, (envolvente exterior,  espazos comúns e instalacións xerais). A intervención consiste nunha obra de interiorismo que serve […]

Rehabilitación de Vivenda Sarela_Rehab | 2es+_oficina de arquitectura
18-01-2017 Sen comentarios

Rehabilitación de Vivenda Sarela_Rehab | 2es+_oficina de arquitectura

Un dos segredos mellor gardados da Cidade de Santiago de Compostela atopámolo a beiras do Río Sarela… A tan só un quilómetro da Catedral, é precisamente neste lugar onde se produce a excepcional singularidade da supervivencia do último contacto entre a cidade histórica e o seu territorio rural de orixe, cunha riqueza de matices na transición entre o urbano e […]

Casa a tres augas en Oza | ARKB-Arrokabe arquitectos
14-12-2016 Sen comentarios

Casa a tres augas en Oza | ARKB-Arrokabe arquitectos

A vivenda resólvese nunha soa planta cunha única cuberta a tres augas que serve tanto para a parte pechada como para os espazos exteriores abertos, incluído o garaxe. Esta decisión de partida permite reducir a escala da peza axustando a altura das fachadas. O garaxe disponse na parte máis próxima ao límite de acceso á parcela, uns cincuenta centímetros por […]

Susana Rodríguez Carballido · Asesoramento para profesionais da Arquitectura | asesorArq
01-12-2016 Sen comentarios

Susana Rodríguez Carballido · Asesoramento para profesionais da Arquitectura | asesorArq

Co paso dos ano a profesión e os labores do arquitecto foron cambiado e evolucionando, ou ben pola apertura de “novos campos de actuación (incluso recuperando algúns perdidos)” ou ben porque se gañou en complexidade tanto nos proxectos como nas normativas para desenvolver e implementar. No medio de toda esta selva “Quen non necesitou realizar consultar técnicas ou administrativas? A […]

Cafetaría Bardecó | Villacé y Cominges
14-09-2016 Sen comentarios

Cafetaría Bardecó | Villacé y Cominges

O Edificio Curbera (1939), no que se sitúa o local, é unha construción entre medianeiras, dunha altura de 14 plantas, destinadas a oficinas e vivenda. Na planta baixa sitúanse dous locais comerciais situados ao carón e a outro do impoñente portal de acceso ao edificio. A fachada principal do edificio, de composición simétrica, responde os criterios formais da arquitectura racionalista […]

Libraría Sisargas | trespes.arquitectos
31-08-2016 Sen comentarios

Libraría Sisargas | trespes.arquitectos

Recibimos o encargo para deseñar o novo local da Libraría Sisargas que se mudaba despois de 14 anos a carón do Campo de Marte. A libraría, asentada no barrio de Montealto da Coruña, quería minimizar as molestias do cambio de local apostando polo valor engadido do deseño. Estaba nun baixo luminoso, en esquina, con grandes escaparates onde amosar libros, discos […]

lily & WHITE | soma arquitectura
27-07-2016 Sen comentarios

lily & WHITE | soma arquitectura

A tecnoloxía é a máis poderosa forza que fai avanzar ao home. Esta é a filosofía de lily & WHITE. Ningunha etapa pode entenderse sen a anterior. Todo é unha evolución, un proceso lineal de acumulación de coñecemento e información que se transmite duns a outros. Sempre foi así. Todo empezou pola idade de pedra, pasando pola dos metais, e […]

12 miradas Manuel Gallego Jorreto
12-07-2016 Sen comentarios

12 miradas Manuel Gallego Jorreto

O pasado mércores 6 de xullo de 2016 inaugurouse a exposición de Manuel Galego Jorreto, dentro do ciclo 12miradas::Riverside, impulsado pola Corporación Fillos de Rivera e Galería Vilaseco Laboratorio Creativo. Contaremos coa presenza do arquitecto, que nos achegará as súas miradas cunha charla de introdución á exposición. “A Manuel Galego preséntaselle normalmente enumerando os seus premios ou ben os seus […]

Mirador da Pedra da Rá | Carlos Seoane
29-06-2016 Sen comentarios

Mirador da Pedra da Rá | Carlos Seoane

O proxecto do miradoiro da “Pedra da Rá” é unha actuación baseada no programa municipal “Riveira Atlántica 2015” que tenta promover entre outras as posibilidades turísticas do concello de Riveira. Dentro deste programa deséñase a recuperación de varios miradoiros e entre eles encárgallenos a recuperación e mellora do miradoiro coñecido como miradoiro da “Pedra da Rá” o cal tiña un […]

Isaac Díaz Pardo | Elías Cueto
24-06-2016 61 comentarios

Isaac Díaz Pardo | Elías Cueto

Pasan xa máis de dous anos dende que grazas a Alfonso Mato e guiados por Isaac Díaz Pardo varios amigos tivemos a oportunidade de visitar o Instituto Galego de Información. Hoxe e logo de dubidar moito, permítome compartir algunha das imaxes tomadas naquela visita chamando a atención sobre as cadeiras deseñadas e fabricadas polo creador do Laboratorio de formas de […]

Restaurante O Fragón | CREUSeCARRASCO
22-06-2016 Sen comentarios

Restaurante O Fragón | CREUSeCARRASCO

A parcela, situada no núcleo de San Martiño de Arriba, en Fisterra, A Coruña, ten un vivenda existente e está orientada ao sur, en dous bancales, cun muro visto de formigón que contén a estrada no seu lado norte. Faise unha formulación xeral para un edificio de dúas plantas, con acceso desde a estrada, aparcadoiro en cuberta, hotel de 5 […]

Plataforma de mapas da Xunta de Galicia
16-06-2016 Sen comentarios

Plataforma de mapas da Xunta de Galicia

Unha nova aplicación xa está dispoñible para obter información xeográfica de Galicia. O Instituto de Estudos do Territorio (IET), en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de estrear este novo servicio do Centro de Descargas de Información Xeográfica da plataforma de mapas da Xunta de Galicia. Trátase dunha ferramenta orientada á descarga de mapas e de […]

Catalizador Belvís | ARKB-Arrokabe arquitectos
08-06-2016 Sen comentarios

Catalizador Belvís | ARKB-Arrokabe arquitectos

O encargo centrábase na rehabilitación dun antigo secadero que formaba parte dunha curtiduría, situada nos terreos do actual parque de Belvís. Tratábase de resolver un equipamento cultural cun programa moi aberto; a intervención buscaba poñer en valor unha edificación catalogada dispoñendo de espazos multifuncionais para exposicións, reunións, salas de concertos, proxeccións, etc. Así mesmo os aseos debían servir ao parque. […]

Conversas con Manuel Gallego
12-05-2016 Sen comentarios

Conversas con Manuel Gallego

Primeira charla baixo o título “Sobre o local e o global na creación da arquitectura”, cos arquitectos Alexandre Alves Costa e Sergio Fernandes, pertencente ao ciclo de charlas-coloquio ao redor da exposición “Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015”, que a Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña, no marco das actividades paralelas á exposición.cha Terceira charla baixo o título “Sobre o […]

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2016
03-05-2016 Sen comentarios

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2016

O Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaje na paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana, por incidir directamente no seu benestar físico e espiritual e por ser un recurso socio-económico de enorme potencial. Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega […]

Casa cuarto e mitade | soma arquitectura
20-04-2016 Sen comentarios

Casa cuarto e mitade | soma arquitectura

Trátase de pedra fincada como leva facendo toda a vida en Galicia. Un volúmen limpo e rotundo que se levanta no territorio, controlándoo e formando parte del. A primeira cousa a decidir é como colocarse nunha parcela cunha forte pendente, e que presenta unhas vistas impresionantes. O primeiro é apartarnos das casas veciñas que nos tapan esas vistas. O segundo, […]

Vivenda Unifamiliar en Bértoa | Jorge Salgado Cortizas
06-04-2016 Sen comentarios

Vivenda Unifamiliar en Bértoa | Jorge Salgado Cortizas

A casa esta situada en Bértoa de Arriba, nos arredores de Carballo, nunha paisaxe cun marcado carácter rural, que explica a maneira en que se construíu o territorio durante anos. A vivenda xorde da abstracción destas referencias culturais tradicionais. Coñecín aos propietarios da casa a través dun amigo común, Juan Carracedo, un apaixonado do seu oficio como construtor. A confianza […]

12 miradas::Riverside
05-04-2016 Un comentario

12 miradas::Riverside

“O proxecto multidisciplinar 12 miradas::Riverside promove a investigación creativa A Coruña e a Ribeira Sacra son as localizacións nas que se desenvolven as iniciativas.” A Galería Vilaseco Laboratorio Creativo e Corporación Fillos de Rivera presentan o programa 12miradas::Riverside, un proxecto cultural multidisciplinar que se desenvolve en dúas contornas moi diferenciados, un urbano, na Coruña, e outro rural, na Ribeira Sacra, […]

A'Bodega (ou como vivir nunha antiga adega de pedra) | Cubus, Taller d’Arquitectura
30-03-2016 Sen comentarios

A’Bodega (ou como vivir nunha antiga adega de pedra) | Cubus, Taller d’Arquitectura

Chourizos, xamóns, palla, vacas e viño. As adegas antigas da Ribeira Sacra eran (e son) espazos heteroxéneos vinculados á vivenda onde se desenvolven as actividades da economía local, polo que é habitual atoparse con conxuntos de varias construcións de pedra onde conviven todo tipo de usos: consérvanse os embutidos de matanza, o ourego, o viño da vendima e o augardente. […]

Ascensor para acceder ao adarve da muralla romana de Lugo | Pernas Varela Arquitectos
23-03-2016 Sen comentarios

Ascensor para acceder ao adarve da muralla romana de Lugo | Pernas Varela Arquitectos

A Muralla de Lugo, erixida entre finais do século III e principios do século IV d. C, é a única fortificación romana completa en todo o seu trazado que se conserva no mundo e por iso, un dos monumentos máis importantes da península ibérica. En novembro do ano 2000 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Proxéctase un ascensor para […]

Reboira | Patricia Sabín – Enrique M. Blanco
16-03-2016 Sen comentarios

Reboira | Patricia Sabín – Enrique M. Blanco

Coñeciamos a zona, Reboira, na que se situaría a vivenda. As fermosas vistas sobre a ría, a tranquilidade do emprazamento e o arboledo boscoso que rodea a parcela por tres laterais, o seu pendente, a cota elevada sobre o viario e o estraño plan. A orientación oeste coincide coas vistas sobre o mar ao lonxe, e é ademais polo oeste […]

Cinema e librería NUMAX | Hábitat Social
09-03-2016 Sen comentarios

Cinema e librería NUMAX | Hábitat Social

“NUMAX é un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual” Numax Cando este reto chegou á nosa mesa, na primavera de 2014, axiña entendemos que se trataba da oportunidade de participar nunha iniciativa senlleira no país, cargada de valores (dinamización cultural, modelo cooperativo, etc.) e cun alto potencial transformador, capaz de acadar todo o noso […]

Casa do Medio | ARKB-Arrokabe arquitectos
03-02-2016 Sen comentarios

Casa do Medio | ARKB-Arrokabe arquitectos

A rúa do Medio é unha rúa eminentemente residencial, paralela á rúa de San Pedro, entrada do Camiño Francés á cidade histórica e arteria principal do barrio do mesmo nome. Un barrio que, a día de hoxe, é referencia dentro da cidade pola súa diversidade social e funcional. O conxunto para rehabilitar estaba formado por unha construción principal entre medianeiras […]

Casa en Baralla | OLA estudio
06-01-2016 Sen comentarios

Casa en Baralla | OLA estudio

…construír en caixas de pedra… Unha casa arde e só quedan os recordos e unha caixa de muros pedra Como dotala dunha nova identidade, como facer que a casa orixinal dunha familia de 11 irmáns, agora a súa segunda residencia, volva ser o seu lugar de encontro para construír novos recordos? O reto está en construír un refuxio con atmosferas […]

Porta de Monfero | Patricia Sabín - Enrique M. Blanco
23-12-2015 Sen comentarios

Porta de Monfero | Patricia Sabín – Enrique M. Blanco

As Fragas do Eume son o gran parque natural nas ribeiras do río do mesmo nome, o noso precioso bosque Atlántico. A súa extensión abarca os municipios de Cabanas, A Capela, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez e Monfero. Esta porta ás Fragas é veciña, ademais, do majestuoso Monasterio de Monfero. Todo isto fixo que enfrontarse a este proxecto fose labor […]

Programa de formación “ENC_17024” de Arquitasa en Oviedo. Nivel I
22-12-2015 Sen comentarios

Programa de formación “ENC_17024” de Arquitasa en Oviedo. Nivel I

ARQUITASA, Sociedade de Taxación HOMOLOGADA polo BANCO DE ESPAÑA, con 30 anos de existencia e implantación en todo o territorio español e en varios países latinoamericanos, está integrada no grupo empresarial AGIFI, (GIA, en Latinoamérica) xunto ás empresas GINPROSA, INZAMAC, FUCTURA e ION, desenvolvendo, ademais dos seus traballos de valoración, taxación e avalúos, un labor de CAPACITACIÓN E CERTIFICACIÓN de […]