Rehabilitación de vivenda unifamiliar na Zapateira | soma arquitectura

Enfrontámonos a esta tarefa cun enorme respecto polo existente e co coidado necesario para non perder ou alterar no camiño a alma da casa.

rehabilitación viv_somaa_09_ext09

Rehabilitar unha vivenda saída do estudo de D. Andrés Fernández-Albalat é para nós moito máis que un agasallo. Se este agasallo vén da man dun cliente coa sensibilidade suficiente para namorarse dunha obra así e que confía en nós para este traballo, pouco máis podemos pedir. Se seica, prudencia para actuar e estragar nada do existente.

Trátase dun conxunto de dúas vivendas situadas nunha leira espectacular na Zapateira. A vivenda principal refórmase interiormente para axustar os espazos ás necesidades actuais, xa que tratándose dunha casa dos anos 70 os espazos eran un pouco reducidos para o que se demanda actualmente. Unha cirurxía moi sutil para revivir unha casa que levaba durmida moitos anos. Atopámonos tamén cunha segunda construción auxiliar, apenas unha estrutura que esbozaba unha posible casa da piscina ou casa de invitados. Unha peza que se remata en Zinc, e que tenta non competir coa vivenda principal senón complementala.

Trabállase moito o exterior, xogando con diferentes pavimentos de formigón e cunha xardinería moi coidada que enmarca o proxecto á perfección.

Obra: Rehabilitación de vivenda unifamiliar na Zapateira
Proxecto orixinal: D. Andrés Fernández-Albalat
Autor: Soma Arquitectura
Ano: 2016
Emprazamento: A Coruña, Galicia, España
Constructora: PROSIC
Fotografías: Roi Alonso
Mobiliario: Montegrappa 
+ somaa.es

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,