Promoción veredesasimetricos de Ediciones Asimétricas

Desde hoxe ata o 31 de xaneiro de 2018 poderás gozar dun 10% de desconto nas compras dos teus libros favoritos na tenda on line da editorial ediciones asimétricas.

Como?

Moi sinxelo, primeiro debes rexistrarte, se non o estás xa, é un formulario moi sinxelo.

Unha vez seleccionado o exemplar ou exemplares e engadidos á cesta, simplemente terás que introducir o código promocional veredesasimetricos (en minúsculas) no apartado indicado, e obterás o teu desconto!

A que é sinxelo? De todos os xeitos se tes calquera problema desde edicións asimétricas non terán ningún problema en axudar para que realices satisfactoriamente a túa compra.

Descuento veredesasimetricos de Ediciones Asimétricas 2017

Gozade da lectura!

Ediciones Asimétricas é unha editorial independente centrada en arquitectura, arte, fotografía, deseño gráfico e crítica. A aproximación a estes campos heteroxéneos pero unidos polo común denominador da creación de cultura material abórdase desde unha dobre perspectiva capaz de xerar múltiples miradas: por unha banda, a publicación da obra de arquitectos, fotógrafos e artistas, xa sexan consagrados ou emerxentes; e doutra banda, a análise teórica desde o ensaio, a crítica e a historia da arte.

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , ,