A paisaxe codificada na arquitectura de Arne Jacobsen

el-paisaje-codificado-en-la-arquitectura-de-arne-jacobsen-portada

Estudar a obra de Arne Jacobsen esixe certa paciencia. As súas escasas declaracións públicas ou textos escritos esixen remitirse aos feitos en si, sexan estes consumados en forma de edificio, obxecto cotián, proxecto arquitectónico, deseño téxtil, debuxo, acuarela ou fotografía.

Unha mínima distancia separaba o seu estudo de arquitectura e o seu xardín doméstico, lugar onde adoitaba entreterse pintando, cultivando plantas e fotografando escenas vexetais. Esa proximidade é a mesma que hai entre as acuarelas ou fotografías que alí preparaba e os seus proxectos arquitectónicos.

A presente investigación sitúase nesa posición intermedia onde se cruzan as múltiples formas que desenvolveu Jacobsen para aprehender o universo visible e as posibilidades de imaxinalo. Ao longo do libro móstranse as pegadas dese intercambio para así facilitar a aproximación da súa obra. Ao descubrir esas claves paisaxísticas que dan sentido ás ideas arquitectónicas dos seus proxectos preténdese poñer valor á paisaxe como material moi fértil en mans do arquitecto moderno. Seica é a súa vixencia a que hoxe, esgotados xa de tantos excesos visuais de rápido consumo nos medios especializados, podamos reivindicar para o exercicio profesional contemporáneo.

el-paisaje-codificado-en-la-arquitectura-de-arne-jacobsen-contraportada

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,