Ornamento Journal #1 MIES

Ornamento Journal #1 MIES

Ornamento Journal é unha exploración visual dos valores formais do detalle arquitectónico, independentemente da súa finalidade construtiva.

O ornamento é un concepto tabú da arquitectura moderna e foi perseguido con verdadeira saña ao longo do século XX, aínda que indiscutibles mestres modernos traballaron con elementos arquitectónicos que sen ser decorativos exercían unha función estética análoga. Hoxe, unha profunda reflexión sobre o importantísimo papel do ornamental en arquitectura é absolutamente necesaria.

Considérese Ornamento Journal como un manual de referencias, un catalizador de ideas ou de deseño, un catálogo de obxectos cargados de pensamento que sen dúbida incitan a creatividade ou á reflexión. Neste número 1 repasamos algunhas obras de Mies van der Rohe, nas que se demostra o seu apaixonado interese cara á estética abstracta do material e as súas interseccións.

Miguel Soutos Fernández-Zúñiga, arquitecto pola EPS CEU en 2014. Ampliou a súa formación en deseño gráfico en Central Saint Martins. Traballou en Canals Moneo Arquitectos en Madrid e viviu e traballou en Xapón e India, onde investigou sobre a arquitectura oriental colaborando cun Tomoaki e Studio Mumbai. Actualmente traballa no seu propio estudo en Madrid e é director e fundador da revista POINTES e Ornamento Journal. Publicou o libro POINTES 2010-2015 (Edicións Asimétricas, 2016).



Arquivado en: publicacións, revistas

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,