O Movemento Moderno e o Dereito a Cidade. Álvaro Sevilla-Buitrago

O pasado mes de novembro 2017 celebrouse o IX Congreso de DOCOMOMO Ibérico ‘Movimiento Moderno, Patrimonio Cultural e Sociedade’, Álvaro Sevilla-Buitrago interviu como un dos relatores convidados da segunda xornada, dedicada á dimensión social dos problemas discutidos no encontro.

El pasado mes de noviembre 2017 se celebró el IX Congreso de DOCOMOMO Ibérico ‘Movimiento Moderno, Patrimonio Cultural y Sociedad’, Álvaro Sevilla-Buitrago intervine como uno de los ponentes invitados de la segunda jornada, dedicada a la dimensión social de los problemas discutidos en el encuentro.

“Como comentei no seu momento nesta charla explorei unha serie de tradicións de deseño -algunhas ben coñecidas, outras máis ou menos subterráneas- para confrontalas cos elementos do dereito á cidade, na definición orixinal do concepto por Henri Lefebvre. O obxectivo era non só mostrar os déficits de parte do Movemento Moderno en relación ás aspiracións e loitas cidadás relacionadas con este principio, senón tamén ilustrar algúns exemplos de vías alternativas que traballaron -ás veces de forma parcial e contraditoria- en liñas que resoan poderosamente co seu proxecto. Estas tradicións á marxe, suxería, poden ser unha base de inspiración non só para a práctica actual, senón tamén para iniciativas de base para a recuperación e protección do patrimonio arquitectónico do século XX, na medida en que sexamos capaces de desenvolver, xunto aos cidadáns, a súa promesa implícita dunha arquitectura aberta ao valor de uso e a apropiación colectiva.”

Álvaro Sevilla-Buitrago

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,