Ludwig Mies Van Der Rohe. Unha biografía crítica

ludwig-mies-van-der-rohe-una-biografia-critica

Este libro é unha reelaboración e ampliación da ‘biografía crítica’ de Ludwig Mies van der Rohe publicada por Franz Schulze en 1985 (e traducida ao español en 1986), que foi o primeiro estudo completo deste mestre da arquitectura moderna. Coa incorporación como coautor de Edward Windhorst, esta segunda edición, totalmente revisada, presenta novas investigacións e apóiase nos mellores traballos recentes de estudiosos e críticos, tanto alemáns como norteamericanos.

Os autores describen a traxectoria profesional de Mies desde a súa incorporación á vangarda moderna, con obras moi innovadoras pero de escala modesta, ata a súa segunda etapa nos Estados Unidos, onde creou unha nova linguaxe arquitectónica dunha expresión estrutural ‘obxetiva’. Entre as achegas desta nova edición está a transcrición do preito sobre a casa Farnsworth, a comezos dos anos 1950, que desvela por primeira vez os feitos do enfrontamento entre Mies e a súa clienta. O texto ofrece novos datos sobre as relacións de Mies coas mulleres, entre elas a natureza e a ruptura do seu matrimonio coa acomodada Ada Bruhn, os seus estreitos vínculos profesionais e persoais coa deseñadora Lilly Reich, e novos detalles extraídos de entrevistas coa súa compañeira norteamericana, Lora Marx.

Esta edición tamén dá a palabra a ducias de arquitectos que coñeceron e traballaron con Mies, en boa parte grazas á excepcional colección de ‘historia oral’ do departamento de arquitectura do Art Institute de Chicago. Nesta completa biografía nárrase a fascinante historia de como Mies (e os seus alumnos e seguidores) crearon algúns dos edificios máis significativos do século XX.

Esta edición española conta cun prólogo do profesor Juan Calatrava, catedrático de Composición Arquitectónica na Escola de Arquitectura da Universidade de Granada.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,