Jorge Rodríguez Seoane

Obxetos de afecto | Jorge Rodríguez
09-09-2016 Sen comentarios

Obxetos de afecto | Jorge Rodríguez

‘Eu aínda así estou deformado polos nexos coas cousas que me rodean. Como un molusco que vive na súa cuncha, así eu habito no século XIX, que está agora diante inútil como unha cuncha deshabitada. Póñomo na orella.’ Walter Benjamin Aldo Rossi dicía da súa arquitectura que as cousas se vían con gran fijeza. Seguramente nos seus primeiros proxectos esa […]

A conxura dos necios | Jorge Rodríguez
28-03-2016 Sen comentarios

A conxura dos necios | Jorge Rodríguez

‘A miña infancia son recordos dun patio de Sevilla, e unha horta claro onde madura o limoeiro.’ Os versos que abren o retrato máis certeiro do mellor dos Machado, son o inicio dunha tempestade. Arrinca coa forza das palabras espidas, lixeiras de equipaxe, para levarnos ao sutil mundo das súas dúbidas, as súas paixóns e as súas raíces. Pero ese […]

Instrumentos de medida do tempo (IV) | Jorge Rodríguez
24-07-2015 Sen comentarios

Instrumentos de medida do tempo (IV) | Jorge Rodríguez

‘Cando emprendas a túa viaxe a Ítaca. Pide que o camiño sexa longo, Cheo de aventuras, cheo de experiencias.’ Constantino Cavafis Imos pechando o caseto, que todos queremos praia e esmorga, e en verán un bo sarao apetece ata os domingos. E xa postos a pechar, saldamos esta serie que empezou (ben, empezamos, ti es o primeiro cómplice) fai xa […]

Instrumentos de medida do tempo (III) | Jorge Rodríguez
10-04-2015 Sen comentarios

Instrumentos de medida do tempo (III) | Jorge Rodríguez

‘Nada se parece ao amor como a nova paixón dun artista que inicia o delicioso suplicio do seu destino.’ Honoré de Balzac ‘Quen, adolescente de xenio, non palpitase ao presentarse ante un mestre, faltaralle sempre unha corda no violín, unha pincelada, un sentimento profundo na obra e certa expresión de poesía.’ 1 prosegue Balzac. Son palabras dedicadas ao ascenso do […]

Instrumentos de medida do tempo (II) | Jorge Rodríguez
01-12-2014 Un comentario

Instrumentos de medida do tempo (II) | Jorge Rodríguez

‘Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos.’ JL Borges Quizais vivir non sexa máis que unha eterna construción de recordos. Empeñámonos en anticipar a melancolía que nos traerá a memoria, proxectando o noso futuro pasado. Quizais por iso, cando Enric Miralles fixo o seu pequeno Kolonihavehus, unha casiña de non máis de […]

Alegrías e "quexíos" | Jorge Rodríguez
16-05-2014 Un comentario

Alegrías e “quexíos” | Jorge Rodríguez

‘Ao principio foi o verbo’ Evanxeo según San Xoan Arranca con este versículo curto e preciso o último relato canónico da vida, obra e milagres de Jesús de Nazaret. Continúa ‘e o verbo estaba con Deus. E o verbo era Deus’. Apenas tres liñas que resumen o contido de todo o Evanxeo. Di Solano Benítez ao fío do seu proxecto […]

Instrumentos de medida do tempo (I) | Jorge Rodríguez
28-02-2014 Sen comentarios

Instrumentos de medida do tempo (I) | Jorge Rodríguez

Sempre me asaltaron as dúbidas, vacilo cando se achega o momento de elixir. Pero é algo que nunca me preocupou. É común a dúbida, a incerteza. Lonxe de denotar fraqueza ou debilidade, véxoo como un indicativo de reflexión, de pausa e silencio previo á acción. Chegados a este punto, quero recordar uns versos, recomendación dun bo amigo, de San Juan […]

(entre paréntese) (IV) | Jorge Rodríguez
20-12-2013 Un comentario

(entre paréntese) (IV) | Jorge Rodríguez

Quero rematar esta serie de artigos que se agrupan baixo o paraugas da miña paréntese con esta imaxe. Este retrato de finais do século XIX, unha estampa do máis común, unha nai adormecida, botando unha sesta. O de hoxe, é un texto moi especial. A influencia que ten no ser humano o ámbito en que se desenvolve é incalculable, e […]

(entre paréntese) (III) | Jorge Rodríguez
14-10-2013 Un comentario

(entre paréntese) (III) | Jorge Rodríguez

Principios de Xuño. Unha mañá de calor, vento forte do Sur. Scirocco. Asomando a vista ao oeste adivíñase o perfil de Monastir. Hai que querer velo. Apenas 70 Km sepárannos do continente africano. Lampedusa é unha marabilla. Se camiñamos a illa descubrimos que o seu encanto está no encontro co mar. Moito e ben escribiuse sobre o límite, ese inquietante […]

(entre paréntese) (II) | Jorge Rodríguez
12-07-2013 Sen comentarios

(entre paréntese) (II) | Jorge Rodríguez

Coa chegada das primeiras semanas de calor, decidín desprazarme a Campania ao encontro duns bos amigos. Unha sorte de Grand Tour á inversa, sempre en tren. Cruzar o estreito de Messina e notar como tanto a paisaxe como as infraestructuras abandonan esa maxia africana que contaxia a Sicilia. Unha experiencia totalmente recomendable. Mentres atravesaba Calabria, lía unha recopilación das crónicas […]

(entre paréntese) (I) | Jorge Rodríguez
01-04-2013 Sen comentarios

(entre paréntese) (I) | Jorge Rodríguez

Pouco logo de visionar por terceira ou cuarta vez “12 Angry Men”, entendín que John Ford tiña razón. Non había máis que ver camiñar a Henry Fonda para entender o que era o cine. Retireime ao meu Innisfree, da cal nin sequera son nativo. Agora, asentado e humilde coñecedor daquilo que me rodea, dispóñome a compartilo. O obxecto de estudo […]

A vida, instrucións de uso | Jorge Rodríguez
07-01-2013 Sen comentarios

A vida, instrucións de uso | Jorge Rodríguez

“Abre ben os ollos, mira“1 Non é fortuita o xeito en que Georges Perec empeza a que a posteriori se converteu en obra cume da literatura da segunda metade do século XX. Como tampouco é fortuita a estrutura formal complexa que a contén, relacionando a vida de case 200 personaxes que compartiron inmueble a través dun mapa percorrido polo movemento […]

Hai que ler a Borges | Jorge Rodríguez
06-11-2012 Un comentario

Hai que ler a Borges | Jorge Rodríguez

Hai que ler a Borges1 Escribía Roberto Bolaño na súa novela 2666 sobre a cobardía do lector ao enfrontarse aos grandes clásicos. Dicía: “queren ver aos grandes mestres en sesións de esgrima de adestramento, pero non queren saber nada dos combates de verdade, onde os grandes mestres loitan contra aquilo, ese aquilo que nos atemoriza a todos, ese aquilo que […]