Entrevista sobre Smart City a Domenico Di Siena

Victoria Fernández Áñez entrevista a Domenico Di Siena para unha investigación que desenvolve para un programa de Doutoramento da Universidade Politécnica de Madrid.

Domenico Di Siena é Arquitecto, Deseñador Cívico e Investigador; o seu traballo enfócase a procesos para a mellora das cidades e os territorios que habitamos. Domenico deseña e desenvolve procesos e ferramentas que axudan as autoridades locais, organizacións e universidades a colaborar cos cidadáns para o ben común. Promove unha cultura de colaboración e o uso de novas tecnoloxías para procesos de Intelixencia Colectiva Situada, onde os cidadáns se (re)converten en protagonistas das accións, que determinan a identidade e o carácter do territorio que habitan.

Domenico Dei Siena é instigador de diferentes proxectos e comunidades. Actualmente está especialmente implicado no desenvolvemento e a promoción de CivicWise, unha comunidade que está a xerar de maneira aberta a primeira plataforma de consultoría p2p para a promoción do urbanismo colaborativo e os procesos de empoderamiento cidadán.

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , ,