Gabriele Basilico | Elías Cueto

Contact 1984 | Antonio Bustamante | Fuente: olivarauna.com
Contact 1984 | Fonte: olivarauna.com

Gabriele Basilico (Milán 1944) é un fotógrafo de recoñecido prestixio internacional galardoado como premio Astroc, Osella d´Ouro, premio INU, etc. Formado como arquitecto, as súas imaxes recorren frecuentemente á paisaxe urbana como fonte de inspiración. A observación das relacións coa contorna construída ocupa un lugar fundamental dentro da súa produción visual.

Neste sentido chama a atención unha serie de dípticos elaborados nos anos oitenta. As fotografías que os compoñen son o resultado dun proxecto de observación tan sistemático como estético. Basilico yuxtapone dúas imaxes. Por unha banda unha imaxe dunha cadeira, por outra as marcas que esta cadeira provoca no corpo da persoa que se sentou nela.

Contact 1984 | Antonio Bustamante | Fuente: olivarauna.com
Contact 1984 | Fonte: olivarauna.com

As dúas fotografías que compoñen estes dípticos prodúcense de forma coidadosa mediante a utilización dunha cámara de gran formato e iluminación de estudo. A brutal frontalidad do contrapicado coa que se fotografan as cadeiras enfrontada contra a tenrura unha anatomía feminina marcada resultan inquietantes.

Basilico revela sutilmente imprevistos efectos dalgúns deseños. Deseños quizais non tan inocentes como poderían parecer.

Elías Cueto, arquitecto
Santiago de Compostela, outubro 2011
Publicado en Nº 313 [sillas…]

Arquivado en: arte, artistas, capturas, diseño, Xosé Suárez - Elías Cueto

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,