fetsac 17: Trashumancias

fetsac-call-for-papers-2017

We drove 22 miles into the country around Farmington. There were meadows and apple orchards. White fences trailed through the rolling fields. Soon the sign started appearing. THE MOST PHOTOGRAPHED BARN IN AMERICA. We counted five signs before we reached the site. There were 40 cars and a tour bus in the makeshift lot. We walked along a cowpath to the slightly elevated spot set aside for viewing and photographing. All the people had cameras; some had tripods, telephoto lenses, filter kits. A man in a booth sold postcards and slides — pictures of the barn taken from the elevated spot. We stood near a grove of trees and watched the photographers. Murray maintained a prolonged silence, occasionally scrawling some notes in a little book.

“No one sees the barn,” he said finally.

A long silence followed.

Día tras día, semana tras semana, novos cruceiros, avións, trens e autobuses chegan aos nosos portos, aeroportos e estacións cheos de viaxeiros, de turistas, de xente. Con eles nace e desenvólvese unha nova cidade. A dos veciños muda nunha nova fachada que se percibe allea aos que a habitan, allea á realidade da vida e ás rutinas diarias. Cal é a cidade nova que se constrúe? Que cidade coñecen realmente estes humanos transhumantes durante a súa breve, malia que intensa, estancia? É a versión de folleto turístico das nosas cidades unha distorsión intencionada da realidade cotiá? Cal é o propósito da repetición automática da foto tipo? Atopámonos inmersos nunha sociedade que viaxa polo pracer de coñecer ou pola ansia de aumentar a súa presenza nas redes sociais? Convertéronse o like en medidor actual da popularidade e o pau selfie nunha extensión da nosa vaidade?

Día tras día, semana tras semana, micronacións soterran baixo os seus pés ás cidades co pretexto de inmortalizar as súas iconas, só interrompendo a súa marcha nun breve lapso para consumir, prefabricados, preparados e preanunciados, os produtos autóctonos; buscando un local no que se atopen coma na casa. Un local xenérico onde o cálido da madeira e o desenfadado dunha estética industrial se mesturen, creando unha imaxe aséptica e contaminante que se contaxiou por todas as esquinas do globo.

A FETSAC17 ten como propósito analizar a cidade a través do impacto das masas de transhumantes sobre ela. A transformación dos espazos en cuestión de minutos pola invasión, ou a preparación e estandarización deses lugares, listos para absorber aos grandes grupos de turistas. O turismo de masas está modificando as cidades nas que habitamos, chegando en ocasións a convertelas en grandes centros de ocio e facéndolles perder o seu significado primitivo. As plataformas de economía compartida converteron o propio do fogar nun ben produtivo que fai dispor a cada viaxeiro da oportunidade de se sentir coma na súa propia casa. Para isto dispoñen dun sistema de artificio asesorado por departamentos de deseño, asegurando que a mesma estética se reproduce en tódalas latitudes. Este contexto de globalización crecente imponse a todo o discordante, establecendo unhas regras de xogo que están perigosamente preto de asumirse como as únicas válidas. A repetición en masa é contaxiosa e marxina a quen pretenda desviarse do, subliminarmente, canon establecido.

Ante esta situación, onde a identidade da cidade se dilúe en cada unha das súas escalas, dende a FETSAC abrimos esta chamada non só a participar senón tamén a reflexionar, co fin de converter a nosa escola nun cruceiro que a través das súas diferentes escalas nos permita coñecer outros puntos de vista acerca do turismo, a psicoxeografía, a cidade xenérica e as súas consecuencias na transformación a curto e longo prazo das cidades. Querémonos forzar a que cada un se pregunte que consecuencias pode chegar a ter a explosión da burbulla turística e o low cost.

Un ano máis deixamos, entón, aberto un período de recepción de propostas de conferencia e /ou actividade puntual, do 14 de novembro ao 31 de decembro de 2016. O festival terá lugar na Coruña, cidade escala de transatlánticos, do 3 ao 6 de abril de 2017.

Bases completas e máis información en: fetsac.tumblr.com ou fetsac@gmail.com

“Once you’ve seen the signs about the barn, it becomes impossible to see the barn.”

He fell silent once more. People with cameras left the elevated site, replaced at once by others.

“We’re not here to capture an image, we’re here to maintain one. Every photograph reinforces the aura. Can you feel it, Jack? An accumulation of nameless energies.”

 There was an extended silence. The man in the booth sold postcards and slides.

“Being here is a kind of spiritual surrender. We see only what the others see. The thousands who were here in the past, those who will come in the future. We’ve agreed to be part of a collective perception. This literally colors our vision. A religious experience in a way, like all tourism.”

Another silence ensued.

“They are taking pictures of taking pictures,” he said.

He did not speak for a while. We listened to the incessant clicking of shutter release buttons, the rustling crank of levers that advanced the film

“What was the barn like before it was photographed?” he said. “What did it look like, how was it different from other barns, how was it similar to other barns?

Don DeLillo, White Noise

 

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,