Enzo Mari e a cadeira didáctica | Xosé Suárez

Enzo Mari in his studio in Milan, 1974 | Author: Adriano Alecchi (Mondadori Publishers)
Enzo Mari no seu estudo de Milan, 1974 | Autor: Adriano Alecchi (Mondadori Publishers)

Enzo Mari (1932, Novara, Italia), artista, teórico da percepción e deseñador, fíxose soado por anticipar conceptos que gozan da máxima vixencia entre os novos deseñadores: sustentabilidade, “do it yourself”, moble básico e económico… Mari estivo sempre máis interesado no significado da linguaxe creativa e no estudo da relación do deseño co usuario que coa produción industrial das súas creacións, aínda así colaborou con algunhas das máis importantes empresas do sector.

En 1974 inicia un proxecto chamado Autoprogettazione, unha colección de mobiliario deseñada para ser executada cos materiais máis sinxelos e fáciles de conseguir. Un dos elementos desta colección é a cadeira Sedia.

Sedia by Enzo Mari, Artek
Sedia por Enzo Mari | Artek

Sedia é o paradigma de deseño didáctico, quizais porque Mari deseñou xogos infantís antes que mobles. A leve inclinación do asento conséguese desprazando cara abaixo a táboa traseira do bastidor. A inclinación do respaldo lógrase da maneira máis obvia e a gusto do consumidor. Non é apilable, xa que as táboas dianteira e traseira do bastidor arriostran as patas, polo que estas han de quedar no mesmo plano. Véndese desmontada, cunha caixa de cravos e un sinxelo esquema de instrucións – a que lembra? – e móntase cun simple martelo, o que contribúe a esclarecer a función de cada un dos seus elementos.

Enzo Mari
Enzo Mari

Sedia é unha cadeira baixiña e moi cómoda, en contra do que puidese parecer e comercialízaa de novo Artek, que tamén produciu un documental onde Enzo Mari explica as claves deste proxecto.

Xosé Suárez, arquitecto
Santiago de Compostela, novembro 2010
Publicado en Nº 313 [sillas…]

Arquivado en: capturas, diseño, Xosé Suárez - Elías Cueto

Tags: , , , , , , , , , ,