O dereito a un teito

En Guatemala máis dun millón e medio de familias non teñen acceso a unha vivenda adecuada e saudable. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa da man das súas contrapartes ASIAPRODI e FODHAP para promover, baixo a filosofía da produción social de vivenda, o dereito a un fogar digno para as persoas máis empobrecidas.

En novembro de 2015 tres persoas voluntarias da ONGD AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) desprazáronse ata a costa sur de Guatemala, onde opera ASF Galicia, para rodar o documental “O dereito a un teitiño” que centra a súa atención non só no traballo de ASF e os seus socios no país, se non no porqué desta situación, contextualizando unha realidade complexa, e apoiando a idea da vivenda non como unha mercadoría, se non como un dereito.

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , ,