editorial

Veredes xorde en xaneiro de 2009 como busca de satisfacer o coñecemento da actividade arquitectónica e das artes plásticas que se xeran. A idea é crear un espazo para divulgar os diversos proxectos en busca de nova inspiración e de intercambio.

As seccións actuais:

· artigos: de temática variada de profesionais de distintos campos, achegándoos ao público;

· faro: artigos de crítica sobre a arquitectura ou tangentes;

· obras: regularmente divulgaranse as obras de profesionais de distintos campos, achegándoos ao público;

· baliza: o obxetivo é presentar vías tanxentes dentro da profesión de arquitecto;

· aparello: presentar nuevos “herramientas” que pudiesen ser útiles para desarrollar y facilitar la labor del arquitecto.

· nasa: ilustracións reflexivas de diferentes autores;

· eventos: sección que dará conta de distintas actividades, tales como conferencias, talleres, exposicións, etc;

· deriva: actividades organizadas o coorganizadas por veredes.

· publicacións: libros e revistas de interese;

· capturas: artículos de interés sobre temáticas afines a la arquitectura;

· tv: vídeos sobre arquitectura ou tangentes;

· derroteiro: xeoposicionamento das obras publicadas;

Este blog é un proceso aberto en que se agradece a colaboración para axudar a mellorar e aumentar a calidade da información. Polo tanto mostrar o noso agradecemento a todos os que, dunha forma ou outra, como afeccionados ou profesionais, participan no día a día na consolidación deste espazo de intercambio, que pretende mellorar e ampliar os seus contidos.

Un blog que espera ser moi activo e un espazo de consolidación para todos.

alberto alonso oro

Actividades que organiza:

– Eso din

Eso din é un ciclo de sesións-coloquio no que participarán arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina: construción, docencia, divulgación, investigación e hibridación con outros campos. En todos os casos, o telón de fondo será unha reflexión achega do papel do arquitecto no momento actual e os seus múltiples redefiniciones.

Cada sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto invitado e outros trinta minutos de coloquio entre os asistentes e o ponente. Tanto a charla como a conversación posterior terán un carácter informal e distendido.

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

Dende 2013

– en transito

Busca ser un lugar de encontro virtual onde os arquitectos poidan informarse, prepararse, capacitarse e coñecer como o fixeron outros arquitectos que xa traballan no mundo, así como compartir a súa experiencia e opinión.

Dende 2012

Actividades que apoya:

-Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA

O premio xorde do convencemento que o patrimonio, como vehículo de integración social e recurso económico dinamizador das sociedades, merece ser revalorizado e incentivado. No contexto actual, en que o patrimonio arquitectónico ademais dun instrumento fundamental de coñecemento é considerado un recurso socio-económico de primeira orde para o desenvolvemento sostible dos territorios, resulta imprescindible a divulgación, distinción e recoñecemento das obras e proxectos de calidade que contribúen á preservación da memoria colectiva.

Dende 2015

RE-construe ‘A Roiba’

Proxecto de crowdfunding para a rehabilitación da vivenda A Roiba, situada dentro da enseada de Bueu e moi próximo á praia de Beluso, na costa sur da ría de Pontevedra do arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún. Este pequeno refuxio constitúe unha das obras máis relevantes da arquitectura moderna do século XX en España.

Dende 2014

– Xornadas De La Sota en Pontevedra. 1913-2013

O próximo día 20 de Outubro de 2013 cúmprese o centenario do nacemento do Arquitecto Alejandro de la Sota. Para celebrar esta efeméride organízanse unhas Xornadas en torno á súa persoa, ideas e obra, da man da súa familia, colaboradores e estudosos. Nestas xornadas realizaranse visitas ás obras que levanto na súa cidade natal, Pontevedra, como son a Misión Biolóxica de Galicia, Pavillón de Deportes, Edificio de Vivendas na antiga rúa Gondomar agora Arquitecto da Sota (piso tipo, ático e azotea) e a Casa Domínguez da Caeira.

– Metagénesix= Metagénesis + x

Nova Arquitectura da Galicia= Biol. f. Alteración de xeracións ou xeración alternante das especies vivas + Sociol. f. Xeración X, nados nos 70`s. Baixo el título de Metagénesix preséntase unha mostra da Nova Arquitectura que se realiza en Galicia. Neste tempo de temores e inestabilidades, aparece unha nova xeración “alterada” e “alternante”, formada maioritariamente en Galicia, que xenera un gran optimismo pola calidade e cantidade dos seus traballos.

Dende 2011

– Pechakucha Night Coruña

Pechakucha é un evento que se celebrou en máis de 250 cidades do mundo desde que en febreiro de 2003 celebrouse o primeiro deles en Tokyo, Xapón. En Pechakucha, profesionais de diferentes campos relacionados co deseño, a arte e a arquitectura explican a súa obra, adaptando o seu discurso ao formato 20×20: vinte imaxes proxectadas durante vinte segundos cada unha. Así, cada relatorio limítase a 6 minutos e 40 segundos. A entrada a PechaKucha Night é gratuita.

Dende 2009 ata 2013