Casa VMS | Marcos Miguélez

Situada nunha parcela de forma triangular nos arredores dunha pequena poboación, a vivenda está rodeada por leiras de usos mixtos. Bordéaa por unha banda unha pequena plantación de árbores froiteiras, un camiño noutro e unha rúa na súa fachada principal.

Casa VMS Marcos Miguélez o1 ext01

A vivenda preséntase como un corpo pesado construído en pedra, adaptado á xeometría da parcela, sobre o que se apoia un pequeno volume que crea unha dobre altura no interior. A construción reinterpreta a esencia da mampostería tradicional dos muros pedra de gran grosor, que protexen dun modo contundente o espazo doméstico.

A distribución interior organizada en función da orientación permite vivir a casa co movemento do sol: as habitacións ao amencer; a fachada sur con grandes ocos en cociña, estar, estudo e comedor; unha apertura vertical ao oeste que proxecta sobre o interior a luz do atardecer. A fachada norte aloxa os accesos e amortece os cambios de temperatura mediante as zonas de almacenaxe, lavandería e garaxe.

As circulacións distribúense a partir do espazo principal a dobre altura, que vai transformando os usos do público ao privado. Unha escaleira voada dá acceso ao altillo. Desde el e mediante un oco na esquina sueste accédese á cuberta vexetal, que protexe térmicamente a totalidade da planta baixa.

O esqueleto interno compono unha estrutura metálica lixeira, que en contraposición aos muros da envolvente de granito permite crear un interior de espazos continuos, buscando conexións, salvando grandes vans e propiciando as vistas diagonais. As instalacións centralizan os sistemas de ventilación, auga e enerxía baixo o forxado da planta baixa, separando os usos técnicos das actividades cotiás.

Obra: Casa VMS
Arquitecto autor e director: Marcos Miguelez
Emprazamento: León, España
Arquitecto técnico director: Enrique Serrano Daroca
Arquitecto técnico colaborador: Alejandro Mikros
Área: 290 m2
Ano: construcción 2016
Fotografías: Antonio Vázquez 
+ marcosmiguelez.com

Proveedores
Estructura: Soluciones Avanzadas del Metal S.L.
Fachada: Piedra Porriño C.B.
Instalación eléctrica: Electricidad Rodríguez Blanco C.B.
Inst. térmica e fontanería: Renerbi S.L.
Carpintería metálica exterior: Aluminios e Reformas Casares C.B.
Cuberta: Impermitec S.L.
Cerámica: Porcelanosa S.A.

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , ,