Canva

canva-logo

A idea de Canva xurdiu cando Melanie Perkins daba clases de programas de deseño gráfico na universidade e deuse conta de que os estudantes tiñan dificultades para aprender o básico. Xunto con Cliff Obrecht, cofundador de Canva, Melanie creou Fusion Books, unha ferramenta de deseño en liña que axudaba a estudantes e docentes a crear os seus propios anuarios. Rapidamente decatáronse de que a tecnoloxía que desenvolveran podíase empregar nunha contorna moito máis ampla. E tras unha procura laboriosa, crearon Canva xunto a Cameron Adams, cofundador tecnolóxico.

“Canva non é maxia, non che converterá dun día a outro en deseñador gráfico, nin tampouco pretende substituír o traballo destes. Canva é simplemente unha alternativa de software para a creación de elementos visuais, cunha curva de aprendizaxe moi baixa e que pon ao alcance de calquera usuario con poucos coñecementos, o poder de dar vida ás súas ideas cunha man amigable guiándolle durante todo o proceso”.

Canva é unha ferramenta web, así que pode ser usada por calquera cun navegador, desde calquera dispositivo. O servizo é gratuíto e aínda que deberás rexistrarche para poder acceder.

Canva ofrece unha enorme librería de fotografías, ilustracións, elementos web, tipografías, paletas de cores, e todo tipo de recursos de deseño que poidas imaxinar para usar nos teus proxectos.

Canva conta cun gran equipo de deseñadores, desarrolladores, artistas, profesionais de márketing, investidores e asesores. Todos proveñen de lugares inesperados: uns deixaron os seus traballos; outros, as súas propias startups, e algúns mesmo acurtaron as súas viaxes polo mundo para sumarse ao equipo.

Se queres aprender todo sobre Canva e como usalo, o sitio pon á disposición dos seus usuarios unha serie de vídeo tutoriales bastante completos.

Canva é unha alternativa interesante ás complexas ferramentas profesionais tradicionais, como Photoshop ou Illustrator, sen dúbida debes experimentar con esta nova opción.

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,