Borja López Cotelo

Unha casa en Finlandia. A fantasía e a memoria | Borja López Cotelo
07-11-2014 2 comentarios

Unha casa en Finlandia. A fantasía e a memoria | Borja López Cotelo

Comecei a camiñar entre as coníferas. Os seus madeiros xeométricos filtraban os raios dun sol pálido. Eran os últimos días de maio e o sobre o lago Päijänne flotaban aínda algúns anacos de xeo, preguiceiros nesas últimas semanas de letargo invernal. Camiñaba lento, temendo encontrarme de súpeto coa vivenda que Alvar Aalto construíra para si mesmo nese lugar. O sendeiro […]

Entrevista comigo mesmo | Borja López Cotelo
03-10-2014 Sen comentarios

Entrevista comigo mesmo | Borja López Cotelo

Abrín os ollos naquel cuarto de cor amarela. Ao meu arredor, centos de libros e cadernos apoiábanse sobre mobles diseminados pola caótica estanza. Poe, Melville, Tolstoi ou Maupassant amontoábanse en insólito equilibrio. O chan estaba repleto de folios engurrados, vítimas sen dúbida dalgún acceso de ira. Eu xacía sobre un deses fermoso diváns deseñados por Jeanneret e Perriand. -Ben, cabaleiro. […]

Os cadernos de Sverre Fehn | Borja López Cotelo
12-09-2014 4 comentarios

Os cadernos de Sverre Fehn | Borja López Cotelo

Esas mañás claras de xuño disfrazaron a cidade de Oslo. Pechando os ollos, deixando que o sol quentase a pel, un podía crer que se encontraba en Palermo, en Esmirna, quizais mesmo en Cádiz ou Tánxer. Pero ao final da rúa había un vestíbulo verde que debiamos atravesar cada día: o discreto Nasjonalmuseet custodiaba o labirinto de cadernos no que […]

O Club dos Paraísos Perdidos | Borja López Cotelo
01-08-2014 Sen comentarios

O Club dos Paraísos Perdidos | Borja López Cotelo

Camiñaba devagar pola rúa Dei Greci. Era xoves, e na atmosfera tranquila desas últimas horas do día, Venecia parecía outra cidade. Crucei a ponte, perdinme pola charramangueira Riva degli Schiavoni e senteime no bordo dunha canle a ver pasar a vida, deixando que as miñas pernas oscilasen a poucos centímetros da auga. O estucado vermello das fachadas pareceume entón voluptuoso, […]

Pelexa, critica, emigra | Borja López Cotelo
18-07-2014 3 comentarios

Pelexa, critica, emigra | Borja López Cotelo

A crise rematou. Os políticos sorrín de novo nos xornais e os medios enxalzan un país que soubo manter a compostura durante cinco anos de impía tempestade. Volveron as palmadas nas costas. Pero talvez o milagre pasase ante a miña porta, unha vez máis, sen deterse: os clientes non se amontoan no meu estudo e ninguén no meu ámbito inmediato […]

A casa que no era un barco | Borja López Cotelo
07-07-2014 Sen comentarios

A casa que no era un barco | Borja López Cotelo

Falouse desta casa como un barco a punto de facerse ao mar1. Quizais pola súa situación, nese fino fío que separa terra e mar, ou talvez por aquela foto descolorida de Ramón Vázquez Molezún aferrado ao leme dun barco, protexendo o seu cranio cun gorro de la. Pero todos sabemos que esa casa non é un barco, do mesmo modo que […]

Un día de 1958 | Borja López Cotelo
20-06-2014 Sen comentarios

Un día de 1958 | Borja López Cotelo

O sol brillaba no ceo de Bruxelas abrasando os visitantes da explanada de Heysel. Sverre e Reima bebían, a pequenos sorbos, un café africano. Reima respirou fondo, pensou uns segundos, e dixo: -Segundo se aprende a imaxinar con maior e maior concentración deixas de poder traballar con obxectos ou esquemas prefabricados… Lo realmente imaxinable é o que realmente necesito. Presupoño […]

A parábola do inglés | Borja López Cotelo
23-05-2014 Sen comentarios

A parábola do inglés | Borja López Cotelo

Recordo a miña breve estanza no St. James College, en Maypole Green, Essex. Nas tardes de chuvia, o repicar das gotas contra o peitoril soaba como o segundeiro dun reloxo que parecía ir cada vez máis lento, mentres unha paisaxe verde e gris se filtraba a través da ventá oxival. Eu, a miúdo, perdía o tempo rebuscando na súa biblioteca […]

Influencias no debuxo de Aldo Rossi: matando o pai | Borja López Cotelo
04-04-2014 Un comentario

Influencias no debuxo de Aldo Rossi: matando o pai | Borja López Cotelo

A miúdo o tempo dilúe a certeza. Aldo Rossi emerxeu na segunda metade do século XX como o home chamado a iluminar unha xeración á sombra da modernidade. Iconoclasta precoz na súa proposta revisionista do urbanismo contemporáneo, moitos creron ver na súa teoría o camiño a seguir na definición dunha nova arquitectura. Os seus postulados sobre o valor do herdado […]

O penalti de Jørn Utzon | Borja López Cotelo
03-03-2014 Un comentario

O penalti de Jørn Utzon | Borja López Cotelo

A noite do 20 de xuño de 1976 caía unha chuvia fina sobre Belgrado. Antonín paseou a súa figura pendente polos corenta metros que separan o centro do campo do punto de penalti, colocou o balón e retrocedeu para coller carreira. Levantou a cabeza. Ante el, ese rostro osudo e feroz de Sepp Maier; talvez entón se acordou de Zdeněk […]

De vocacións | Borja López Cotelo
16-09-2013 Un comentario

De vocacións | Borja López Cotelo

Ninguén no meu barrio coñecía a Mies Van der Rohe. Os nenos non soñabamos con ser Alvar Aalto porque o noso altar o ocupaban Bruce Lee, Rocky Balboa, Peio Uralde ou Zoran Stojadinovic. Eu, que era un pouco raro, ás veces cambiaba de obxectivo e aspiraba a suceder ao gran Sempé. Os días transcorrían entre libros de matemáticas, papeis esborranchados e horas pateando o […]

Automoribundia | Borja López Cotelo
15-07-2013 Un comentario

Automoribundia | Borja López Cotelo

Podemos mirar á Morte de face; pero sabendo, como algúns de nós saben hoxe, o que é a vida humana, ¿quen podería sen tremer mirar de fronte a hora do seu nacemento? Thomas de Quincey Primeiro tempo. A festa que cheiraba a napalm. Alí estaba o meu pai, mirándome con aprobación. O seu único fillo decidira estudar arquitectura e iso […]