ATLAS de Arquitectura Europea Contemporánea

atlas-de-arquitectura-europea-contemporanea

O ATLAS de Arquitectura Europea Contemporánea reúne por primeira vez a totalidade dos proxectos nomeados ao Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea – Premio Mies van de Rohe, desde a súa primeira edición en 1988 ata a súa décimocuarta, no 2015. 2881 proxectos que contan unha viaxe a través da multiplicidad e variedade de arquitecturas que foron configurando o territorio europeo durante os últimos 30 anos.

A publicación é o último proxecto editorial da Fundació Mies van der Rohe e combina ensaios, fotos, debuxos, gráficos, historia e historias, a través dos cales se pode obter unha visión crítica do panorama arquitectónico europeo, seguindo a propia configuración da Unión Europea a través dos cambios e retos que tivo que afrontar nun mundo globalizado.

La publicación es el último proyecto editorial de la Fundació Mies van der Rohe y combina ensayos, fotos, dibujos, gráficos, historia e historias, a través de los cuales se puede obtener una visión crítica del panorama arquitectónico europeo, siguiendo la propia configuración de la Unión Europea a través de los cambios y retos que ha tenido que afrontar en un mundo globalizado.

Hoxe, transcorridos 30 anos da primeira edición do Premio, o tempo e a cantidade de obras nomeadas permiten observar e analizar este conxunto de imaxes no gran ATLAS da arquitectura europea contemporánea. Como resultado deste proceso, persoas involucradas durante moitos anos no Premio foron convidadas a escribir as súas reflexións. Diane Gray e Dietmar Steiner explican a historia do Premio e a súa evolución a partir do seu compromiso directo.

“A xente necesita saber que as ideas [detrás de cada obra de arquitectura] facilitan e enriquecen a súa día a día”

apunta Diane Gray, coordinadora do Premio de Arquitectura Contemporánea Europea – Premio Mies van der Rohe de 1988 a 2013.

A configuración urbana a partir do espazo público é analizada polo crítico de arquitectura Hans Ibelings. Os arquitectos Zaida Muxí e Josep Maria Montaner contribuíron ao ATLAS cun artigo sobre vivenda colectiva.

“Sorprende que nestas 14 edicións nomeáronse 418 vivendas unifamiliares fronte aos 251 exemplos de vivenda colectiva”

destacan os arquitectos. Por outra lado, o doutor en xeografía Francesc Muñoz aplica no seu texto unha visión territorial tendo en conta os cambios políticos, sociais e xeográficos europeos.

O ATLAS de Arquitectura Europea Contemporánea é un proxecto realizado grazas ao entusiasmo e paixón de centos de profesionais da arquitectura e da crítica, políticos, clientes e cidadáns que conxuntamente colaboran para a mellora das condicións de vida en Europa.

“É difícil non lembrar a emoción do alcalde de Szczecin e o seu equipo ao recibir como representantes da cidade o Premio 2015, ou a propietaria de Cásaa Luz ao ver premiada a súa contribución a que un pequeno pobo estremeño fose recuperando a súa poboación”

comenta Ivan Blasi coordinador do Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea- Premio Mies van der Rohe.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,