ArchiMaps

ArchiMaps é unha nova aplicación de guías de arquitectura para Smartphone e Tablet. Cada un dos seus mapas, centrado nunha determinada cidade ou rexión, mostra máis de 250 obras de arquitectura de todas as épocas, coidadosamente seleccionadas.

/06 Arquitectura/06 app/arte/imagenes.dwg

Simple e funcional.

A estrutura da aplicación é sinxela. Pódese navegar por cada ArchiMap en modo mapa e en modo lista. Co mapa podemos rastrexar as obras de arquitectura pola súa localización xeográfica e en relación a nosa propia localización; na lista preséntasenos unha relación de edificios que podemos ordenar en base á proximidade á nosa posición, á súa data de construción, ou alfabeticamente; desde ambos podemos acceder á ficha de cada edificio. Tanto o mapa como a lista permiten realizar procuras por introdución de texto, e filtrar os edificios en función do seu uso principal ou do período histórico ao que pertencen. Tamén é posible marcar calquera edificio como favorito, e desta forma gardar unha selección de obras para a súa posterior visita ou consulta.

ArchiRoutes.

Dentro de cada mapa ofrécense diferentes ArchiRoutes: estas consisten en seleccións temáticas de edificios, que propoñen un conxunto de obras a visitar en base a un determinado estilo arquitectónico, un arquitecto destacado ou unha zona especialmente interesante.

As ArchiRoutes están pensadas para mostrar ao usuario os puntos fortes, arquitectónicamente falando, do lugar que visita. Algunhas teñen un carácter máis xeral; outras permiten profundar en certos aspectos da arquitectura local. ArchiMaps non se centra exclusivamente en arquitectura moderna, senón que mostra edificios de todos os estilos e períodos históricos. Cada un dos seus mapas abarca desde as obras de interese máis antigas presentes na zona, ata os máis recentes exemplos de arquitectura contemporánea.

ArchiMaps app iphone ipad

Un contido vivo e de calidade.

ArchiMaps foi desenvolvida por arquitectos, e tanto a elección das obras como a recompilación dos datos que as acompañan son realizadas por especialistas en Historia da Arquitectura, manexando soamente información rigorosa. Para manter o control sobre o contido da aplicación, ArchiMaps non funciona con achegas directas por parte dos usuarios, aínda que si se poden remitir propostas e suxestións. O usuario tamén pode enviar fotografías realizadas por el mesmo mediante un acceso directo na ficha do edificio.

O contido de ArchiMaps atópase en constante expansión. No momento do seu lanzamento a aplicación conta con tres ArchiMaps: Chicago, Madrid e Nova York. Outros, como Londres, atópanse en fase de desenvolvemento, e verán a luz proximamente. Os mapas xa activos na aplicación tamén se actualizan regularmente coa inclusión de novas obras e ArchiRoutes.

ArchiMaps funciona en sistemas iOS e Android, e pódese descargar de forma gratuíta noApp Store e na Google Play. Tamén está presente en RRSS onde se publican as últimas novidades e actualizacións.

ArchiMaps funciona en sistemas iOS y Android, y se puede descargar de forma gratuita en el App Store y en Google Play. También está presente en RRSS donde se publican las últimas novedades y actualizaciones.

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,